Home Cartafol Folk Pilocha

Pilocha

Comarca
Video
En activo
non

Cantante compotelá de longa traxectoria no folk galego, mais que tan só ten apresentado dous discos asinados por ela, Pilocha, (Fonomusic, 1978) e Calamidá Sentimental, (Xerais, 1998). No primeiro deles, onde colaboraron os seus antigos compañeiros de Roi Xordo, Rodrigo Romaní e Antón Seoane, aparecían temas coma o popular O Sancristán de Coimbra ou O Alecrín, ambos os dous comúns no acervo cultural galego e portugués cos que a cantante marcaba as pautas de achegamento ao país veciño que rexían a súa obra. Tamén había espazo naquela estrea discográfica para a canción infantil c’o Boneco de palla, temática na que recuncarían Antón Seoane e a propia Pilocha en Conservas Lambón, (Discmedi, 2004), disco integramente adicado á rapazada co que desenvolveron un vello proxecto mutuo, encamiñado á creación dunha canción infantil de noso.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto