Home Cartafol Folk Sete Saias

Sete Saias

Nos derradeiros días do 2006, saía á venda o primeiro traballo discográfico de Sete Saias, un disco homónimo producido por Pai-Music, que veu achegar unhas sonoridades ultimamente esquencidas na música galega. Dúas harpas tocadas con mestría que percorren temas tradicionais e de composición propia, chegando a pór música a poemas de Cunqueiro e Avilés de Taramancos, e que contan no disco cun fato de boas colaboracións que exceden o musical: Romaní, autor dalgún tema e dos arranxos, Budiño, capa do disco a cargo do pintor Xavier Magalhães,…, que permiten a Clara Pino e Marta Quintana asinar unha estrea moito máis que digna e colocarse nun lugar sobranceiro do panorama do folc galego do século XXI.  O dúo naceu no seo do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, mais as súas compoñentes xa tiñan pertencido a outras formacións e corais denantes de ingresar neste conservatorio onde decidiron encetar este novo proxecto que nos deixa este pequena alfaia, un disco que funde a tradición coa dozura e o acougo do son das harpas, mais que non cae na monotonía e na repetición das que de cando en vez adoecen os proxectos musicais que deciden outorgar a este instrumento moito protagonismo na súa proposta.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto