Home Cartafol Folk Susana Seivane

Susana Seivane

Teléfono
981 675309
Video
En activo
si

Gaiteira nada en Barcelona en que comezou moi cativa a súa carreira musical, na agrupación Toxos e Xestas vencellada á casa galega da cidade catalá, da man do seu pai, Álvaro Seivane. Aos 9 anos trasládase, xunto coa súa familia, acarón do obradoiro que o seu avó tiña en Cambre (A Coruña). Xa en Galiza, entra en contacto con mestres gaiteiros da talla de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Formou parte do fugaz grupo Vaite Embora e fixo algunha colaboración con Milladoiro denantes de se decidir a gravar o seu primeiro traballo, Susana Seivane, (Do Fol, 1999), onde marcou con claridade as liñas argumentais da súa proposta, fondamente enraizada na tradición dos grandes gaiteiros da segunda metade do século XX. Despois virían Alma de buxo, (Boa Música, 2001), ‘Mares de tempo’ (Boa Música, 2004) e Os soños que volven, (Enavíes música, 2009). Entre todos eles suman máis de 50 temas que Susana recrea con arranxos que van evolucionando pouco a pouco até conseguir un son realmente propio e diferenciado.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto