Uxía

Uxía Senlle é unha cantante do Porriño con máis de 25 anos de andaina desde a súa estrea musical, con Foliada de marzo, (Edigal, 1986), disco en solitario co que xa enceta a súa relación con Portugal. Despois veu o seu paso por Na Lúa, e o retorno posterior a súa carreira en solitario, carreira que sempre enfocou cara á creación de puntos de encontro entre culturas, nomeadamente no mundo da lusofonía. Isto, xa patente na súa estrea, foise ampliando nos sucesivos traballos, Entre cidades, (Sons Galiza, 1991), Estou vivindo no ceo, (Nubenegra, 1995), pero sobre todo cando publica, en 1997, xunto ás cantantes Rasha e María Salgado e o guitarrista Cuchús Pimentel La sal de la vida, (Nubenegra, 1997) un disco marcado pola diversidade e polo cruce cultural. Posteriormente, no ano 2000, publica Danza das areas, (Virgin, 2000) unha especie de paréntese no que predominan as composicións propias e os sons máis contemporáneos. Este traballo veu seguido por unha etapa na que a cantante mantivo un silencio discográfico que non foi sinónimo de inactividade, pois estivo a traballar como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, -que xa vai pola súa sétima edición-, silencio rachado co que, polo de agora é o seu último traballo, Eterno Navegar, (Harmonía Mundi. World Village, 2008), onde volve de novo a se mergullar nos sons, e nas cores, do Atlántico,

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto