Home Cartafol Folk Vaamonde, Lamas & Romero

Vaamonde, Lamas & Romero

O 11 de novembro do pasado 2008 publicouse Vellas Artes, (Falcatruada, 2008), estrea discográfica do trío Vaamonde, Lamas & Romero, que saca o seu primeiro traballo despois de se unir Pedro Lamas ao dúo formado dende mediados dos anos 90 por Vaamonde e Romero e que nunca chegara a gravar disco ningún. E grávano agora porque, segundo eles mesmos teñen manifestado, a entrada do Lamas supuxo unha achega de frescura e unha maior liberdade interpretativa para poderen ofrecer o seu enfoque da música tradicional, unha música popular moderna que catalogan baixo o selo de novofolk. Malia ser unha formación nova e conformada por músicos pouco coñecidos fóra dos ambientes da música tradicional, o certo é que o trío está integrado por 3 músicos que levan anos colaborando conxuntamente en diversos proxectos, con experiencia docente e innumerabeis colaboracións con formacións diversas: o gaiteiro Suso Vaamonde, membro do grupo de música tradicional do IGAEM e gañador en dúas ocasións do Constantino Bellón, o saxofonista, desta volta, Pedro Lamas, membro do cuarteto Luvas Verdes e compositor e intérprete da Nova Galega de Danza e mais o Xosé Lois Romero ao acordeón, compoñente tamén do grupo do IGAEM e director musical da compañía Nova Galega de Danza.

O trío ofrécenos unha proposta musical, que ten sido alcumada de minimalista, onde sobre a base do acordeón diatónico de Romero camiñan a gaita e o saxo soprano para ir percorrendo once temas entre os que hai espazo, e dun xeito moi equilibrado, para as composicións propias e as pezas tradicionais co engadido de dúas versións

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto