Aíd

  • 74.jpg

Aida Alonso Iglesias, artísticamente Aid, estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora de radio, colaboradora de televisión e mc. Aíd nace en 1990 en Vigo e pasa a súa infancia e mocidade na parroquia de Valadares, no alfoz da cidade de Vigo. O seu contacto co hip hop chega contra os 12 anos da man do grafiti e a raíz disto caen nas súas mans os primeiros discos de rap. A sua afición a escribir e as suas inquietudes pola expresión xa dende moi nova deron lugar as suas primeiras gravacións caseiras de música rap sobre o ano 2003. Apenas un ano despois, con 14 anos, un amigo colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a súa primeira maqueta Demo, coa que logra chegar a oídos da xente coa sorpresa que causaba unha nena de 14 anos facendo rap. Isto axudoulle a madurar no rap e como persoa e mantívose facendo música e directos pola cidade.  En 2005 créase a crew 8990 da que formou parte como mc ata a súa disolución.

Aquí Tenéis é a súa segunda maqueta, lanzada en xaneiro de 2007. Traballo autoeditado de 7 cortes e producións melódicas.  Dende verano de 2007 exerce de locutora e guionista no programa "Moito de Aquí" en Radio Piratona (106.0 FM Vigo), un programa adicado á divulgación dos grupos locais e en apoio a lingua galega. Neste mesmo ano toma forma Licor Kafé, proxecto musical do que formará parte até 2008. O 22 de Octubre dese ano proclámase gañadora da IV edición do prestixioso Festival Heineken Greenspace en Valencia por diante de máis de 1 300 grupos, converténdose na primeira rapeira gañadora e na artista máis nova. O 9 de Febreiro de 2009 sae ás rúas Jugando, o seu álbum debut. Un traballo que se foi forxando durante os dous anos anteriores ao lanzamento do disco.