Alto Asalto

Alto asalto é unha formación de rap, que xorde en 2003, orixinaria de Santiago de Compostela. Integran a banda Mou, Ria.Jos e Dj Mestre Pi expoñendo coas suas letras de rap hardcore subversivo, unha visión da  sociedade e das súas vivencias alternativa aos mass media. Alto Asalto gravou polo de agora dous discos.

Cultura Humana, no 2010 é o seu primeiro traballo, producido da banda. Este EP é a confirmación dunha realidade que percorreu Galiza durante 7 anos sendo coñecida polo boca a boca e non por unha referencia gravada.  Producións de Mou (Dios Ke Te Crew), Hevi (Malandrómeda) e La Gran Uve (Viña), colaboracións no micro de Yagoso (Juanito Broders) e  Arma-X, e nos scratches de Dj Mestre Pi, Dj Murdock (Dios Ke Te Crew) e Dj Mil. Deseño a cargo de Mutante Creativo. No 2012 resultaron gañadores do premio do xurado na categoría de Músicas Urbanas, no concurso Novo Son da Radio Galega e tamén do concurso de maquetas do festival Brincadeira.

Alto Asalto preparaba xa daquela o que ía ser o seu primeiro LP, autoproducido, mais o proxecto ficou parado e non foi publicado até 2018. Soños e quimeras foi publicado nas principais plataformas dixitais o 17 de maio dese ano. Neste segundo disco aparecen Moudafaka e Riajos GatoPersa como Mcs, Dj Mestre Pi na música e Mou outra vez na produción. A portada foi obra de Miguel Duarte e contaron coas colaboracións de Xenderal e MonStar, falecido en 2019, nas voces e Screwaholic e Deloise nos instrumentos.

Os Alto Asalto no 2019. FONTE: facebook de Alto Asalto
 

Cultura Humana (2010)



Soños e Quimeras (2018)