As Garotas da Ribeira

  • 78.jpg

As Garotas de Ribeira son Sofía, do Porto do Son e Paola, de San Mamede, Carnota, dúas mozas que montaron a que foi, xunto a Marisol Manfurada, a primeira formación feminina do rap galego. Fixérono, na emigración, en Barcelona. Coñecéronse nesta cidade onde comezaron a facer rap cantado integramente en galego, que bebe da tradición da regueifa, da resistencia e dunha visión aguda e feminina do que as rodea.

Fixéronse coñecidas despois de comezar a aparecer semanalmente no programa Luar da TVG, no que participaron varios anos. As Garotas non se desfixeron nunca oficialmente, mais as distintas andainas profesionais de Sofía e Paola si que fixeron que o proxecto esmorecese, aínda que de cando en vez volven subir aos escenarios, como por exemplo no concerto do XX Aniversario do Bravú, o 22 de novembro de 2014, no Garufa Club da Coruña.

FONTE: Canle Youtube de Xurxo Lobato

 

mar-aapaghaoleitequeferve · Historia dunha muller- Celso Emilio Ferreiro - As Garotas