Home Cartafol Hip Hop Ezetaerre

Ezetaerre Featured

Ezetaerre é un grupo de rap combativo formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A súa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde os 3 integrantes compartiron estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois de publicaren a súa primeira maqueta en marzo de 2016 e gañar o III Premio Revenidas de Música Emerxente en maio dese ano -o que lles permitiu participar no Revenidas 2016-, comezaron a acadar un éxito notable tanto na Galiza como a nivel estatal. 

No 2017 publicaron o longo Aspiracións mínimas e urxentes, producido por Iago Pico nos Pousada Son Studios. A publicación do traballo, o 22 de febreiro de 2017, veu acompañado da saída dos respectivos videoclips de todos os temas do disco.  Nese mesmo ano viron a luz tamén o maxi 100 -homenaxe ao 100º aniversario da Revolución Rusa- e mais o single Non é verán de Estrella Damm, os tres co selo Santa Guerrilla, co que xa gravaran no 2016 outro single, A herdanza do vento. En todos estes traballos apréciase un notable avance con respecto á primeira maqueta, nomeadamente na parte musical.  

O 2018 viu a saída doutro single, Esmorga Inferno, antes do que sería o seu segundo disco longo,  Pólvora e tormenta, un traballo no que estableceron un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén buscan facer unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria. Outra volta da man de Iago Pico, Ezetaerre dá un novo paso de xigante con este novo traballo. Mantense a crítica política e a frescura nas letras pero aumentan as referencias musicais de xeito notable.

O 13 de decembro de 2019 sacaron un novo single, A insurxencia por vir.

A banda formouse coa vontade de utilizar a música como unha ferramenta, coa intención de mudar a realidade: “Sabemos que temos todo un mundo que mudar e que a cultura é unha das trincheiras a conquistar. Seguiremos sendo dignas, humildes, solidarias; facendo música para o pobo na lingua do pobo".


Pólvora e tormenta (2018)


100 (Santa Guerrilla, 2017)


Aspiracións mínimas e urxentes (Santa Guerrilla, 2017)


Ezetaerre (Maqueta, 2016)


Singles




Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto