Hip Hop Ateneu

  • 478.jpg

Colectivo de Compostela formado a comezos do ano 2000 por xente que se dedica ao rap e ao graffiti. Para alén das traxectorias individuais dos seus integrantes, a crew fixo un programa en Radio Kalimera nos anos 2001 e 2002. Tamén argallou un CD recompilatorio no 2003, no que participaron todas as formacións que facían rap na altura na cidade.

Despois dun tempo de inactividade, volveron no 2011. Publicaron un novo traballo recompilatorio, -no que participan xente do colectivo e diversos convidados-, no que definen a filosofía da súa crew. Defensores do hip-hop anticomercial, no seu disco mesturan bases clásicas cun chisco de experimentación e un protagonismo absoluto dunhas letras que disparan con bala.

O colectivo seguiu activo ao longo da segunda década do século XXI, cunha canle de Youtube onde soben os novos traballos dos seus integrantes, Furnier, Melide, Pura Mestura, etc.