Malandrómeda

Malandrómeda naceu coma un dúo a finais do 2005 despois das colaboracións entre os seus compoñentes, Caldeirada e Hevi, cun par de temas para un programa de radio. Nesta primeira etapa da súa andaina con 3 discos publicados, os rapeiros composteláns comezaron a demostrar que o hip-hop é moito máis variado do que nos queren deixar ver, ao igual que o fan nas outras bandas das que formaron parte, como Non Residentz, Fluzo ou Foddiebarbaconna.

Pioneiros, vangardistas e con calidade, Malandrómeda mostrou o mellor destes dous rapeiros nos seus traballos,  Os estranos sempre traen malas novas, 2006, Chegan tarde EP, 2006,  e o maxi single que presentaron no 2011, Que nos leve pra diante, (Autoproducido, 2011), composto por dous temas novos aos que se engaden dúas remisturas de Kaze e Mou deses temas, ademais dunha pista instrumental e unha de batalla.

Malandrómeda ao vivo no Aturuxo, 2018. Ese ano, o Hevi xirou acompañado dunha pequena banda. FOTO: Xabicas

Despois da publicación do maxi single no 2011 a banda entra nun período de inactividade que racha no 2016 coa publicación simultánea no selo discográfico Matapadre de 2 discos, Os corenta e oito nomes do inimigo e mais Cada can que lamba o seu carallo. Nesta segunda etapa, o Master do Son substitúe a Caldeirada nos pratos. Os traballaron acadaron un grande éxito, e mesmo foron escollidos mellor álbum estatal do 2016 pola revista Rockdelux.

En Taragoña no 2012, Hevi ao micro e Caldeirada aos pratos

O éxito do disco duplo do 2016 levouno a un feixe de festivais. Aquí, no Revenidas. Hevi co Master do Son

No 2018, coa formación con que o Hevi xirou ese ano

Os corenta e oito nomes do inimigo (Matapadre, 2016)

Cada can que lamba o seu carallo (Matapadre, 2016)

Que nos leve pra diante (Autoproducido, 2011)

Chegan tarde (2006)

 

Os estranos sempre traen malas novas (2006)

 

Accede ás descargas de Malandrómeda