Non Residentz

Non Residentz foi un trio de hip hop formado por Lord Keison nos pratos e Hevi AKA Dragón AKA Barbaconna e Brasi no micro. Pioneiros do rap cantado en galego, e mais en portugués pois o Brasi é brasileiro, déronse a coñecer no 1999. Publicaron varias maquetas, dispoñibles na súa web de balde mentres a banda estivo activa, do 99 ao 2002 aproximadamente, mais hoxe só algúns destes temas están na rede, subidos a maioría na Canle de Amil Couto.