Absorbed

Banda de Death Metal baseada en Compostela, aínda que con compoñentes do Hío, parroquia do Morrazo, formada a comezos dos anos 90 do século XX, que nunca tivo o éxito nin a repercusión en Galiza que lle tería correspondido por calidade e innovación mais que si foron recoñecidos nos circuítos do metal europeo.

Malia levar varios anos disolta a banda, o netlabel O Toxo Rabudo publicou no 2010 o seu EP Abstract Absurdity gravado en Barcelona en 1993 coa mesma formación que gravou o mellor expoñente do traballo desta banda, Unreal overflows, Óscar Jumpin, Javier Zarco e os irmáns Cordeiro, Lino e Mario, e que permanecía inédito.

Os Absorbed nos 90. Fonte: www.metal-archives.com

Porén, por Absorbed pasaron moitos máis nomes clásicos do metal galego da altura. Así como Óscar Ínsua, Jumpin, estivo en Talesien, Clan Moriarty ou incluso Fame Neghra e Ruxe Ruxe ou Lino Cordeiro tocou a batería en Dismal, tamén José Barros (Dismal, Sepulcro) cantou do 93 ao 96 en Absorbed ou Fran Pérez (Unreal Overflows) tocou a guitarra no 93-94.

Reverie (1991-1996 compilation)