Borderline79

Borderline79 é unha banda de metal alternativo da comarca do Salnés que estivo activa na primeira metade dos anos dez. Publicaron un só disco, As raíces da revolta, en 2014.

En 2008 nace a idea de fundar Borderline79, unha banda de metal alternativo procedente da comarca do Salnés.

Logo de varios anos e moitos cambios, tanto de estilo como formación, en 2012 estabilízanse con Artur, Borja, Joel, Suspen e Tonsi. Cun estilo moi propio achegado ao metal alternativo, consolidáronse na escena local coma un dos grupos máis novos.

Borderline79 ofrece un extenso repertorio de temas propios en galego e un directo traballo e potente, que os levou a gañar o premio a mellor posta en escea en 2011 no “I Certame de Bandas dos locais de ensaio de Vilagarcía De Arousa”.

Entre o 2012 e o 2014, xa coa formación estabilizada citada, tocan en varios dos festivais galegos máis importantes, (Revenidas, Castañazo Rock, Rock in Vila,...) ao tempo que van publicando temas soltos nas súas redes sociais.

No 2014 sacaron o eu único disco, As raíces da revolta, que veu precedido dun proxecto de micromecenado. Desde o 2015 non dan concertos nin publican temas novos.

ESCOITA AS RAÍCES DA REVOLTA

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.