Que vén sendo o Cartafol?
Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
- E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
- Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
- Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
- E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)
Buscar no Cartafol:
Contra as cordas
Banda Hardcore de Ourense formada en maio de 2009, cando 5 amigos da cidade, con experiencia noutras bandas do estilo, deciden xuntarse co obxectivo de pasalo ben e expresar a súa raiba. Gravaron a maqueta Por Vós.
Images (1)