Mortos En Vida

Grupo de punk e hardcore formado na parroquia do Hío, Cangas, por 7 mozos da zona con gana de berrar contra toda a merda que se (nos) atopamos decote. Sempre desde a súa lingua materna e cunha evolución ao longo dos anos coa que lle foron abrindo espazo a outros ritmos como o funk, a bossa nova ou o ska.  

O primeiro traballo discográfico da banda foi MEV, autoeditado no 2004 e publicado un ano despois nun split conxunto cos brasileiros Phobia polo selo UHP Distro e posteriormente os Mortos en Vida sacaron un novo disco,  Mortos en vida non hai amencer, mortos en vida e morrer, no 2010 autoeditado e só publicado na rede.

A banda foi sufrindo mudanzas ao longo dos anos mais segue a tocar polas Rías Baixas, manténdose o núcleo formado por Mundo na batera, Felo na guitarra e Gus no baixo.

MEV ao vivo no bar 2 de Maio de Aldán, no 2012.

Escoita os Mortos en Vida

bandcamp