Rojo Dos

Grupo do Hardcore do barrio vigués de Coia, que sacou tres discos durante a primeira metade da década dos anos 10. A súa estrea foi no 2010, Culpaveis nós mesmos, ao que seguiu Insert Coia, apresentado o 27 de abril de 2012 na Iguana Club de Vigo. 

Este segundo traballo é un EP con seis cortes, editado de primeiras exclusivamente en vinilo 10”. Totalmente autoproducido, autoeditado, autofinanciado e baixo a licencia Creative Commons. O traballo foi subido posteriormente ao bandcamp da banda. No 2014, Rojo dos publica De volta ao mar, un outro EP, desta volta con 4 cancións

A banda está formada por Alber Costas, "O tenente Dann"; Xandre, “Toper”; Davidian “+++##%**++”; Dieguinho "Resse" e Saúl Puga “O neno das canelas estragadas”.

ESCOITA ROJO DOS

De volta ao mar (2014)

Insert Coia (2013)

Culpáveis nós mesmos (2010)

Facebook