Andres do Barro
Andrés Dobarro, “un crooner da fin do mundo”, como o cualificou Xurxo Souto, e que conseguiu os primeiros números un nas listas de grandes éxitos para a música galega con temas
moi coñecidos para aquelas persoas que andan polos cincuenta anos: “Teño saudade”, “Corpiño xeitoso” ou “O tren”, -que chegou a versionar Siniestro Total-, foi un cantautor nado en Pontedeume no 1947 e morto con tan só 42 en Madrid. Andrés acadou un grande éxito cos 3 discos que publicou, Me Llamo Andrés Lapique do Barro, (RCA, 1970), ¡Pum!, (RCA, 1971) e Andrés do Barro, (Belter, 1974). Porén, o cantante morreu novo e completamente arruinado.