Magritte

  • 291.jpg

Magritte fórmase en Ourense no verán do 2008, ano en que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa”  que posteriormente foi presentada en directo en moitas das salas de concertos da Galiza. A banda aproveita estes concertos para dar forma e solidez ás cancións e ao son do grupo, antes de entrar a gravar.

De feito, só o farán despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entra nos Estudios  Abrigueiro e grava o seu primeiro Ep (6 cancións), para o que contan coa colaboración de Eladio Santos, de Eladio y  los Seres Queridos, pondo a voz na canción titulada ”Varsovia”  e mais de Arturo Vaquero, responsable de todos os teclados que aparecen no EP.
Son seleccionados por  Santiago Auserón para participar no  “Taller de Cancións A Coruña Son do 2009” durante unha semana. As cancións de “Magritte” soaron na altura no programa de “Disco Grande” de "Radio 3", alén de contaren con aparicións en programas musicais da RTVG como “Miraxes” ou “Banda Curta” entre outros.
Participan no concerto homenaxe a “The Beatles” na Sala Capitol de Santiago xunto a  bandas punteiras da escena galega.
No mes de Febreiro de 2011 gravan un concerto en directo para a "Radio Galega" dende  os estudios "Pousada-Son" e retransmitido polo programa "Planeta Furancho".

MAGRITTE foron:
Nate Borrajo: voz
Josito Porto: baixo e voz
Xurxo Labrador: guitarra
Jesús Dopazo: guitarra
José  Lameiras: batería