Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Buscar no Cartafol:

O Neno Elliot

Video
En activo
si

O Neno Elliot é o nome artístico, actual, de Daniel Alonso, un músico que formou parte dos Bloods Filloas até a súa desaparición para despois emigrar inicialmente a Irlanda e volver transformado en Boy Elliot despois de percorrer medio mundo durante uns meses. Co novo nome, -co que foi bautizado en Australia por mor de Elliot Smith e Badly Drawn Boy-, estréase no Felipop 2002 en Fene. No seu retorno a Galiza fixa a residencia na cidade de Ourense, desde a que segue a compoñer e gravar maquetas, para alén de colaborar con bandas como Quant ou en diversos proxectos cinematográficos. No 2007 únese aos Plastic Bags, cos que gaña o concurso Apologhit 2008 de Vieiros.com e representan a Galiza no Liet Lavlut.

En 2009, Boy Elliot&The Plastics Bags sepáranse e Daniel Alonso muda de novo de pel para se transformar no Neno Elliot

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto