Roberto Sobrado

Nado musicalmente coa etiqueta de cantautor, baixo a influencia de Sabina e Silvio, publica o seu primeiro traballo en 1999, "Inventario de inquedanzas nº 1", despois de gañar o II Certame Pop-Rock Xunta de Galicia. Autoedita o segundo disco en 2003, Pan e circo, e o terceiro en 2005, Agasallos sen promesas, xa en Liverpool, onde residiu desde outubro de 2004 até o 2007. Aló continúa compoñendo novos temas e chega a tocar en solitario no mítico The Cavern. Volveu ao país no 2007 e deulle forma a unha banda que desde entón o acompaña e fai medrar a súa música. Con esta nova formación publicou Noroeste Estraño no 2011. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego. A banda: Germán Da Ponte (saxo)
Rafael Campoy (guitarra eléctrica e coros)
Roberto Sobrado (guitarra acústica e voz)
Paulo Silva (batería e coros)
Gustavo Fernández (baixo eléctrico)



Novas Relacionadas:
Images (3)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto