GZmusica.com - Músicas da Galiza - Recently Added Listings - Pop/Indie/Cantautor https://www.gzmusica.com/ Fri, 29 Mar 2024 08:50:13 +0100 FeedCreator 1.7.3 Espiño https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/espino.html

Espiño o proxecto musical en solitario de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), compostelán de 1976 ligado ó mundo da música dende hai máis de vintecinco anos. Alfonso afronta esta nova etapa abondando no eido do pop de corte psiquedélico, aderezado con certas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. O músico santiagués amosará a súa faceta máis imaxinativa, apostando pola produción propia e o idioma galego.

A súa banda, creada en outubro de 2016, está formada actualmente por Alfonso Espiño ó baixo e voz principal, Brais Sánchez ás guitarras e coros, Alexandro González ós teclados e coros e LAR Legido á batería. Capa do disco A pesares do pouco tempo transcorrido dende o inicio do grupo, Espiño alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais de 2016, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presentou en rolda de prensa o 1 de xuño de 2017.

O álbum, producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo, está composto por seis cancións escritas e arranxadas polo propio Espiño, e conta coas colaboracións de Álvaro Crego ás trompetas e trompas e Quim Fariña ós violíns. Ós poucos días da publicación de I, Espiño lanzou o sinxelo dixital Flores, tambores e ilusións, que formou parte da banda sonora da época estival. En decembro de 2017, Espiño contribuiu ó CD recopilatorio de Xonix Records Nada(l): 13 Panxoliñas Orixinais De 13 Bandas Galegas Actuais coa canción A Noite de Alban Artuan. O paso de Espiño por multitude de festivais nos últimos meses (Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, Vive Nigrán, Festival de la Luz...) manifesta o interese e o apoio do público e dos programadores polo músico santiagués, que xa se atopa traballando en novas melodías que presentará ó longo de 2018.

{youtube}8HtOm2CuTsA{/youtube}

]]>
Lavesedo Sun, 13 May 2018 23:33:34 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/espino.html
Fucoxabier https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fucoxabier.html

Actualmente inactivo, Fucoxabier é un músico orixinario do mundo tradicional e folk, foi tenor do Real Coro Toxos e Froles, e tamén membro de grupos como Os Chifros ou Amacuca, todos no entorno da comarca de Ferrol. Tras esta primeira etapa decide deixar a música, á que volveu anos despois, contra finais dos anos 10, cun novo proxecto.

Trátabase dunha aposta por reinventar a canción de autor (ou canción, a secas) en galego, fuxindo de tópicos e de enxebrismos. Cobran importancia por tanto os textos, nos que ademáis de letras propias hai poesía e versións de temas esquecidos. Na parte musical aposta por unha estética convencional, con estilos que se moven entre o pop-rock, o folk, a balada, etc.

Sen ter aínda ningún disco de estudio editado, si achegou temas a tres discos colectivos:

• “Once máis 15”, disco de poesía musicada (2009).

• “Pressing Catch: 12 cancións dende o ring”, cancións para o espectáculo teatral Pressing Catch, da compañía compostelá Berrobambán (2010).

• “A Coruña Son 10”, concerto peche do obradoiro de creación de canción popular A Coruña Son (2010).

En directo presentábase como dúo: Fucoxabier (guitarra e voz) e Jorge Felpeto (piano). O seu único traballo editado é un concerto gravado en Fene, que podes descargar de balde na nosa web.

ESCOITA FUCOXABIER

Accede ás descargas de Fucoxabier

{phocadownload view=category|id=25|target=s}

]]>
Lavesedo Tue, 18 Dec 2012 01:37:25 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fucoxabier.html
Bangor https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/bangor.html

Digamos que Lembrarás este cuarto? é un disco contra a aceleración. Conta as verdades pegado á orella e interrompe a circulación da mercadoría das emocións: o trenzado acústico co que David Miranda encarna os poemas de María do Cebreiro remite a Bryter Lyter e aos Go-Betweens e, así, con eses vimbios, opónse á velocidade como método vital e ao espectáculo como estrutura dos sentimentos.

Son tamén os dez mil murmurios que ouvía Dylan en 1963 e para os que segue sen haber quen escoite. E con todo é preciso volver repetir as cousas: “Isto non é un himno / non alegra a ninguén”.

No tempo do saqueo, todo serve á hora de escapar. Tamén a produción de silencios e a necesidade de relatar un lugar fóra de calquera lugar. Segundo o profesor Eagleton, fugarse do ruído continuo é unha boa razón para se facer socialista. Lembrarás este cuarto inscribe no aire das cousas esa posibilidade. E a de corromper o brado constante da histeria do capital. E a de pensar en tirar do freo de emerxencia. Gravado nun cuarto seguramente semellante ao cuarto en que Laetitia Sadier gravou Socialisme ou barbarie, estas dez miniaturas constitúen finalmente un refuxio onde se gorecer da segunda parte desa disxuntiva. Como aquel elepé que Pete Dello, sen que apenas ninguén se decatase, rexistrou en 1971 contra a clausura dos horizontes. Titulouno Into your ears.

(Texto de Daniel Salgado)


Bangor son
David Miranda: guitarra, voz
María do Cebreiro: voz

Lembrarás este cuarto? foi gravado en decembro de 2008 nos Estudios Abrigueiro (Friol), con Jahel Piñeiro como técnico de son e Arturo Vaquero en labores de produción, que tamén colaborou incorporando percusións, baixo e sintetizadores. A mestura e masterización final foi realizada por Paco Liaño nos Estudios Treboada (A Coruña), en setembro de 2010. O disco foi publicado en 2011

Descarga Lembrarás este cuarto?

{phocadownload view=file|id=25|target=s}

]]>
Lavesedo Fri, 14 Dec 2012 19:13:56 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/bangor.html
Magritte https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/magritte.html

Magritte fórmase en Ourense no verán do 2008, ano en que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa”  que posteriormente foi presentada en directo en moitas das salas de concertos da Galiza. A banda aproveita estes concertos para dar forma e solidez ás cancións e ao son do grupo, antes de entrar a gravar.

De feito, só o farán despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entra nos Estudios  Abrigueiro e grava o seu primeiro Ep (6 cancións), para o que contan coa colaboración de Eladio Santos, de Eladio y  los Seres Queridos, pondo a voz na canción titulada ”Varsovia”  e mais de Arturo Vaquero, responsable de todos os teclados que aparecen no EP.
Son seleccionados por  Santiago Auserón para participar no  “Taller de Cancións A Coruña Son do 2009” durante unha semana. As cancións de “Magritte” soaron na altura no programa de “Disco Grande” de "Radio 3", alén de contaren con aparicións en programas musicais da RTVG como “Miraxes” ou “Banda Curta” entre outros.
Participan no concerto homenaxe a “The Beatles” na Sala Capitol de Santiago xunto a  bandas punteiras da escena galega.
No mes de Febreiro de 2011 gravan un concerto en directo para a "Radio Galega" dende  os estudios "Pousada-Son" e retransmitido polo programa "Planeta Furancho".

{youtube}__b1SFRoLz4{/youtube}

MAGRITTE foron:
Nate Borrajo: voz
Josito Porto: baixo e voz
Xurxo Labrador: guitarra
Jesús Dopazo: guitarra
José  Lameiras: batería

]]>
Lavesedo Thu, 21 Jun 2012 17:03:49 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/magritte.html
Projecto Mourente https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/projecto-mourente.html

O Projecto Mourente é un "passa-tempo musical" coordinado por Carlos Valcárcel. O obxectivo é facer música na casa usando as tecnoloxías domésticas. O Projecto Mourente desenvolve as súas actividades entre Compostela e Pontevedra desde 2006.

Malia non querer seguir ningún estilo musical concreto, “procura uma sensibilizaçom sobre a necessidade urgente de fazer pop electrónico em galego". Xa desde os comezos apostaron pola difusión na rede e así permitiu descargar os temas do seu primeiro traballo, Baixo os eucaliptos, (A Regueifa Plataforma, 2006), desde a súa web. O éxito deste traballo, apenas unha gravación caseira, afianzou o Projecto, ao que se une Yolanda Valcárcel no 2007 e que saca o seu segundo traballo, Kara.o.ke,  no 2008 de novo coa extinta Regueifa Plataforma. Na altura, deron tamén concertos polo país con The Homens, participaron do Manifesto Dobarrista e colaboraron con Fanny+Alexander.

A comezos de 2012 publicaron un sinxelo, Ao teu redor, adianto do que foi o seu terceiro traballo, titulado A pior, que tamén saíu ese ano. Carlos é o compositor das músicas e as letras, ademais da voz, as programacións e os teclados. Yolanda fai os coros apenas nun par de temas, "Vou para pior" e "A revolta dos cosmopailães".

No traballo colaboran Martín Wu, Álex López e Quincho Araujo, guitarras, Roi no baixo e teclados e mais Xocas, Andrés Boado e Mar K John pondo a voz en senllos temas. 

{youtube}0xi3t_FZ6YU{/youtube}

A volta no 2020

Despois de 8 anos de silencio, Projecto Mourente sacou un sinxelo en xullo de 2020. Na mesma liña de pop electrónico que vén marcando a súa música desde o 2006, mais co engadido do autotune.

ESCOITA PROJECTO MOURENTE

A pior (Maio 2012)

Pouco me importa (Xullo 2020)

]]>
Lavesedo Wed, 21 Mar 2012 02:33:49 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/projecto-mourente.html
Ataque Escampe https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/ataque-escampe.html

Ataque Escampe é un grupo de pop formado en Compostela no 2001, arredor da residencia Monte da Condesa da USC. Pouco despois comezaron dar os seus primeiros concertos, entre eles o 1º Concerto Expansivo Nunca Máis organizado pola Burla Negra despois do desastre do Prestige.

Banda compostelá fundada no 2002, que se consolidou no panorama galego despois de publicar A grande evasión, disco que chegou aproximadamente un ano despois do suceso que tivo Galicia es una mierda, (A Regueifa Discos, 2008), con 15 000 descargas e algún que outro ataque dos que non entenderon a crítica retranqueira e se enganaron coa provocación, -punk para Lupe Gómez-. De feito, houbo algúns que incluso pensaron que a censura era o mellor método para non incomodar as mentes autoodiantes da clientela que sobe e baixa maina nas escaleiras mecánicas mentres mira chegar a primavera e as semanas fantásticas.

{youtube}S-xjk9HlDeo{/youtube}

Malia estas e outras pequenas e curiosas anécdotas, no espazo que houbo entre traballo e traballo o mundo criativo da banda non parou de ferver e agasallaron os seus seguidores con Galicia es una fiesta, (A Regueifa Plataforma, 2008) cos remixes do Dr. Painkiller de cinco dos temas do segundo traballo da banda.  Tamén houbo mudanzas na formación, malia conservaren intacto o núcleo formado aló polo comezo do século na Facultade de Filoloxía da USC por Samuel Solleiro, Roi Vidal, Miguel Mosquera e Álex Charlón, e así a marcha do acordeón de Francesc Esteve, Paq, deu lugar á entrada dos teclados de Lois García. No 2011 publicaron Violentos anos dez, disco que podedes escoitar e descargar en GZmúsica. 

{youtube}KO-eFjybEIs{/youtube}

Entrevista na presentación de Discos da Máquina. Compostela, 2012

En 2012 forman parte da creación do selo Discos da Máquina e avanzan cara á profesionalización da banda, coa entrada do batería Álvaro Trillo, o que fai que Roi Vidal pase a tocar outros instrumentos como a melódica e a ocuparse da voz. Coa saída de Álex Charlón, voz nos primeiros traballos, no 2015, despois da gravación d'O disco vermello. Alén dalgunha gravación solta, no 2017 publicaron Primeiros bicos.

{youtube}TmsTNUcT-bY{/youtube}

Falamos con eles no festival Deleite, en Belvís no 2017

En 2018, publican o díptico formado por Ídolos adolescentes (2007-2011) e A vida dos animais (2012-2018), dousdiscos que reúnen todas as cancións gravadas por Ataque Escampe até 2018 que non estaban incluídas en traballos propios. Todos os temas foron (re)masterizados por Carlos e Alberto Quintá no estudio As Gonzalinhas (Bermés, Lalín) en decembro de 2018.

Contra finais do ano 2019, e despois dunha épica despedida dos violentos anos dez en Compostela, Ataque Escampe publica A alma, un EP de cinco cancións que supuxo á volta de Álex Charlón á voz do grupo, despois de o Roi Vidal abandonar a formación ao vivo pero manténdose vinculado ao grupo.

Coa chegada dos confinamentos a comezos do 2020, co grupo en plena presentación do novo disco (de feito, GZmúsica estivo a entrevistalos no Liceo Mutante de Pontevedra apenas 4 días antes do primeiro peche), a formación entrou nun obrigado parón que romperon en xaneiro do 2022 cun novo single.

Ataque Escampe (1ª formación):

Roi Vidal – Batería, kazoo, coros
Xoán Lois G. Carlín – Baixo  eléctrico, contrabaixo, piano, teclados, maracas, coros
Samuel  Solleiro – Banxo, guitarras, harmónicas, slide, xilófono, pandeireta,  coros
Álex Charlón – Voz, coros
Miguel Mosqueira – Guitarras, voz,  coros

Formación (2015-2019)

Roi Vidal: voz, melódica, xilófono e coros.

Miguel Mosqueira: guitarra acústica, guitarra eléctrica.

Samuel Solleiro: guitarra acústica, guitarra eléctrica, banxo e harmónica.

Xoán Lois García Carlín: baixo e teclados.

Álvaro Trillo: batería.

Formación actual:

▪️ Álex Charlón: voz, coros.

▪️ Samuel Solleiro: guitarras, coros.

▪️ Miguel Mosqueira: guitarras, voz, coros.

▪️ Cibrán Tenreiro: batería, percusións, coros.

▪️ Lois Carlín: baixo, programacións, coros.

▪️ Julio Vilariño: sintetizadores, coros.

Accede á zona de descarga de Ataque Escampe

{phocadownload view=category|id=15|target=s}

Escoita algún dos discos de Ataque Escampe. No seu bandcamp tes acceso á discografía íntegra.

Violentos anos dez (2011)

Disco Vermello (2014)

A alma (2019)

]]>
Lavesedo Wed, 21 Mar 2012 02:04:04 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/ataque-escampe.html
Miro Casabella https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/miro-casabella.html

Músico nado en Ferreira de Valadouro, provincia de Lugo, que ten desenvolvido unha das traxectorias máis sólidas e importantes da música galega ao longo das últimas décadas do século XX.  Porén, o seu nome quizais non resulte especialmente familiar nos ouvidos do público máis novo, aqueles que non teñen anos dabondo como para lembrar a andaina de Voces Ceibes.

Porque Miro formou parte, aínda que dende a distante Barcelona onde mantiña a súa residencia, dunha das senlleiras expresións culturais galegas do século XX, o fato Voces Ceibes, grupo de cantores que desenvolveu o seu labor artístico na década dos setenta, entre o férreo control policial da ditadura e a esperanza do novo tempo que se albiscaba daquela no futuro máis cercano. Casabella entrou en contacto con Voces Ceibes na cidade catalá onde residía, ao ser Barcelona destino cotiá destes músicos galegos para rexistraren os seus primeiros discos en formato E.P.- catro cancións-, e daquela época de cantautor, con notoria influencia da nova cançó catalá, temos hoxe a lembranza das dúas primeiras producións discográficas, en formato LP, de Casabella, Ti, Galiza, (BMG-Ariola, 1977) e Treboada, (BMG-Ariola, 1979), onde recolleu gran parte do repertorio que foi elaborando ao longo de toda a década. E hai un feito que diferenciou este repertorio do cantautor lugués do traballo que desenvolvían os seus compañeiros de Voces Ceibes, pois Miro sempre mantivo aberta unha liña onde tiñan cabida, para alén das cancións contestatarias propias dos demais integrantes do grupo, as cantigas tomadas da tradición popular, mesmo tiradas da época medieval, que xa están presentes no seu primeiro traballo discográfico pero que protagonizarían o seu segundo disco, onde incluso aparecen temas instrumentais que anticipan a eclosión do movemento folc que tería lugar pouco despois. Xunto a eles, pezas coma “Cantigas da Emigración”, “Os Irmandiños” ou “Copliñas galegas” onde, ás veces tirando proveito do acervo popular e outras dende a autoría do músico, a pegada da tradición é evidente, mesmo naqueles temas onde é Miro quen asina as letras. E loxicamente tamén houbo oco naqueles primeiros traballos de Casabella para a “canción-protesta”, propia dunha época onde nin tan sequera a bandeira galega tiña ningún recoñecemento oficial, feito que de seguro provocou a louvanza que dela fai o músico no seu álbum de estrea.

Miro Casabella no Barco no 2021. Foto A.R. para osil.info

Despois da  súa época en Voces Ceibes, e seguindo a liña que comezaron a marcar os seus elepés, que engadiron máis instrumentos -salientando a incorporación de gaita e zanfona- á guitarra que unicamente acompañaba a voz de Casabella nas súas primeiras gravacións en formato EP, o músico decidiu continuar a súa andaina uníndose a Doa. Este grupo coruñés de tamén longa traxectoria contou entre os seus fundadores con Miro Casabella, que uniu a súa voz ao proxecto que estaban a artellar na Coruña Xoán Piñón e Bernardo Martínez. Afastándose por completo da canción protesta, Casabella diluíu a súa personalidade nunha formación en que destaca a súa inquedanza pola música medieval, cantigas de Afonso X, Martín Códax, ..., acompañadas dalgún tema tirado do folclore galego, ás veces tamén pezas de folcores de alén das nosas fronteiras, onde a voz do músico lugués cobraba protagonismo. Ademais, na súa xeira en Doa, Casabella tocaba tamén cítola e zanfona.

No 2003, apareceu un novo disco en solitario do músico lugués, Orvallo. A pesar de non ter publicado novas cancións desde aquela, Miro segue a actuar regularmente polo país.

ESCOITA 'ORVALLO'

]]>
Lavesedo Tue, 20 Mar 2012 10:59:32 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/miro-casabella.html
Tino Baz https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/tino-baz.html

Tino Baz é un cantautor galego nado na Guarda en 1972. Desde cativo, viviu de perto a música do país, comezando a tocar a gaita aos 8 anos ou asistindo coa familia ao Festival da Poesía do Condado. Con apenas 18 anos, entrou a formar parte da Roda, grazas a Suso Vaamonde, figura moi influente no desenvolvemento como músico de Tino.

Precisamente, nese Festival da Poesía que el xa coñeceu e gozou de neno, hai unos anos un fato de mozos nomeaban, -co berro por ferramenta-, patriota galego a Tino Baz. E non erraban. Patriota, poeta e cantor, o guardés atesouraba xa unha longa andaina musical, -que o ten levado a partillar experiencias con Suso Vaamonde, A Quenlla, A Roda ou Treixadura-, ante de presentar o seu primeiro traballo, Cinsa Namorada (2008), onde acarón do poema homónimo de Marica Campo, dez composicións do miñoto artellan un disco onde música e poesía se ensarillan como poucas veces ollamos no panorama musical actual, xa que a calidade dos textos, a forza que lles sabe imprimir, fan deles parte imprescindíbel do disco.

Despois de anos de sliencio creativo, Tino Baz publica en 2019 Si cantan, es ti que cantas, un traballo onde o xenial músico guardés musicaliza marabillosamente poemas de Rosalía de Castro. No disco, Tino Baz, ademais de pór voz, toca guitarras e zanfonas e ven acompañado polas colaboracións de Laura Quintillán, Alberto Vilas, Lorenzo Chuchín, Carlos Villanueva e Nacho Álvarez. Tamén colabora o coro Cantares do Brueiro de Camposancos (A Guarda).
O caderno interior é outra xoia fermosísima grazas ás ilustracións de Karina Mouriño.

ESCOITA TINO BAZ

Presentación 'Si cantan, es ti que cantas..."(2019)

{youtube}9c-leS8_LXM{/youtube}

Cinsa Namorada (2008)

]]>
Lavesedo Tue, 20 Mar 2012 03:23:50 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/tino-baz.html
Loretta Martin https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/loretta-martin.html

Grupo coruñés formado en 2002, actualmente inactivo, que sempre procurou un estilo propio e singular dentro da escena musical galega e no que o peso do funk e da música brasileira foi gañando importancia co paso dos anos.

Após de se estrear cun EP autoeditado no 2005 e de mudanzas nunha formación que chegou ao sexteto para ficar reducida a tres compoñentes despois da saída de Ion Romero, Loretta Martin gravou durante o ano 2006 Paraíso distante, (Falcatruada, 2007), -onde aínda participa a guitarra de Romero-, un funkeirazo con raigames no rock e pólas que chegan rabuñar no hip-hop e na música do Brasil.

Videoclip As cores do solpor (2007)

{youtube}h9WYgki-U0Q{/youtube}

A cantar en galego, inglés, portugués e todo aquilo que lle acaia ben ao ritmo das súas cancións, destaca o emprego que fan do noso idioma nas pezas máis funk deste disco, onde amplian as súas posibilidades fonéticas e rítmicas para amosar un resultado que sorprende, que identifica plenamente a sonoridade da banda e que lle debe moito ao traballo do vocalista Brais Morán, autor da meirande parte das letras e das melodías, agás De repente, con letra de Vinícius de Morais. Cómpre salientar o traballo dunha base rítmica achegada por Iago Otero, baterista, e Fran Sanz, baixista, sobre a que se van desenvolvendo ritmos moi bailables onde a guitarra, as percusións, por veces os instrumentos de vento, ensarillan melodías alegres.

Loretta Martin, ao comezo da súa traxectoria

No 2012 chega 'Despois da Mandinga', un álbum gravado nos estudios Abrigueiro e producido por Arturo Vaquero, que reflicte a querenza de Loretta Martin -onde seguen Brais Morán e Fran Sanz, agora con Miguel Cabana á batería- polas cancións enérxicas que beben do funk, o samba ou o pop.

Dende un bar de Compostela até unha praia de Laxe, dende os Beatles ao funk, -pasando por Nirvana e facendo unha boa parada na música brasileira-, non se pode saber se a doce Loretta Martin voltará de vez, tampouco se seguirá os consellos das súas amigas, mais o que é seguro é que estes mozos da Coruña déronlle unha boa sacudida ao panorama musical do país ao socairo do funk ledo que manufacturaban baixo o nome da amiga de Jojo.

(Actualizado en novembro de 2019)

Paraíso Distante, 2006

 

]]>
Lavesedo Tue, 20 Mar 2012 03:18:22 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/loretta-martin.html
The Homens https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/the-homens.html

Trío compostelán de power-pop que tirou dous discos longos, Cuarta Potencia, no 2009 e Tres, (Falcatruada, 2007), os dous gravados por Santi García e masterizados por Víctor García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols.

Estes dous traballos viñeron após da edición da autoedición de dous EPs #1, no 2005, #2, 2006, o que unido ao considerable número de concertos dados en Galiza e Portugal nos seus seis anos de existencia os converte nun dos grupos máis dinámicos do pop galego. 

Xocas, batería, Roi, baixo e voz, e Martin Wu, guitarra e voz, compoñen The Homens, unha banda que segue o ronsel dos americanos Fugazi,  cunha música que agacha certo recendo e actitude do punk británico dos setenta, e na que cada vez vai tendo máis peso a influencia de bandas como Barracudas ou Pixies, para achegar un son no que, como eles mesmos din, veñen armados de guitarras ruidosas pero tamén de sensibilidade melódica. Cuns retrousos moi cantables, The Homens podería colocar o seu traballo sen dúbida nos circuítos da radio-fórmula, mais a súa filosofía tenos levado por outros vieiros e así todo o seu labor creativo faise baixo a licenza Creative-Commons, o que permite descargar as cancións dos seus traballos dende a rede; aínda así, desta volta o grupo decidiu tamén sacar o seu traballo nun soporte físico, cunha edición en formato especial onde se inclúe vinilo, CD e os temas en mp3, para alén do clásico formato CD en exclusiva. No 2011 decidiron separarse.

 

{youtube}lp0VfRoREqY{/youtube}

Cuarta Potencia (Xullo 2009)

Tres (Xullo 2007)

#2 (Febreiro 2006)

#1 (Xullo 2005)

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 03:51:45 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/the-homens.html
Nadadora https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/nadadora.html

Unha das formacións que con máis forza irrompeu no panorama pop estatal nos primeiros anos do século XX foron os Nadadora. A pesar de teren o seu centro de operacións no Grove, os integrantes deste sexteto, Sara, voz, Gonzalo, voz e guitarra, Iñaki, guitarra, Dani, batería e programacións, Montxo, teclado e metalófono e Edu, baixo, son de varios puntos do país e comezaron a súa traxectoria no 2002. 

Na súa andaina publicaron varias maquetas e EP’s e tres discos longos: Todo el frío del mundo, (Jabalina música, 2005), Hablaremos del miedo, (Jabalina música, 2007) e Luz, oscuridad, luz, no 2010. Traballos que os levaron a se facer un nome nos círculos pop e a participar en festivais estatais  importantes como o FIB de Benicássim, Primavera Sound ou Contempopránea. Música lánguida, melancólica, de escoita doada mais que só apaixonará os popeiros confesos, o que máis destaca é o xogo de dúas voces, Sara e Gonzalo, e as melodías tranquilas artelladas arredor das guitarras.

Con letras en castelán primordialmente, aínda que con algunha incursión no galego, -houbo até rumores da aparición dun disco neste idioma que nunca chegou a saír-, a banda mostrou unha evolución no seu último traballo, xa non unha simple escolma de singles, e unha clara transición cara a unhas letras máis limpas e menos agachadas atrás das melodías, evolución que, intencionadamente ou non, petaba nas portas da radio fórmula sen que esa deriva os fixese perder os sinais de identidade que os levaron a destacar entre as moreas de grupos que practican un estilo musical que axiña cae na superficialidade e nun pseudo-dramatismo impostado, dos que  os Nadadora conseguiron fuxir. Decidiron pór punto final á súa traxectoria contra finais do 2012, con senllos concertos na Coruña e Vigo.

{youtube}r2gzHw0u85w{/youtube}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 03:48:57 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/nadadora.html
Fanny + Alexander https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fanny--alexander.html

Fanny+Alexander foi unha banda indie galega con base en Compostela que gostaba de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietronica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido.

Unha atitude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself -autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico-, continua con un compromiso co Copyleft e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas.

Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)

{youtube}db6WtFHsL4w{/youtube}

Escoita a música e accede ás descargas de Fanny+Alexander

{phocadownload view=category|id=23|target=s}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 00:45:29 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fanny--alexander.html