Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Grupos mis populares

Buscar no Cartafol:

Grupos populares 

Nao

Nao

Grupo que se estreou con As palabras espidas, (2007). Despois tiraron o seu segundo álbum, Coas túas mans, (autoeditado, 2010), nove temas que misturan sentimento ...
Ler Máis...

Categoría:Metal

Ardentía

Ardentía

Grupo de música tradicional galega nacido en 1990 na cidade de Vigo. Ardentía destaca pola ...
Ler Máis...

Categoría:Folk

As Garotas de Ribeira

As Garotas de Ribeira

As Garotas de Ribeira son Sofía, do Porto do Son e Paola, de San Mamede, Carnota, dúas mozas que viven en Barcelona. Coñecéronse nesta cidade onde comezaron a facer rap cantado integramente en galego, que bebe da tradición da regueifa, da resistencia e ...
Ler Máis...

Categoría:Hip Hop

Labregos do tempo dos Sputniks

Labregos do tempo dos Sputniks

Os Labregos do Tempo dos Sputniks son un Grupo guerrilla. Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño. Verdades coma puños e moita rebeldía. Os LABREGOS chegan, montan e tocan. Sen grandes ...
Ler Máis...

Categoría:Hip Hop

Os Diplomáticos de Monte Alto

Os Diplomáticos de Monte Alto

Banda imprescindíbel para entendermos a música galega, que ao longo dos máis de dez anos que estiveron en activo, dende Arroutada Pangalaica, (Dro East West, 1991), até Komunikando, (BOA, 2003), marcaron as liñas mestras da evolución do rock en galego. ...
Ler Máis...

Categoría:Rock

Os Papaqueixos

Os Papaqueixos

Grupo coruñés de folc-rock encadrado no movemento Bravú, creado a mediados dos anos noventa. Separáronse contra o ano 2001 e na actualidade varios dos seus integrantes continúan en activo en distintas bandas do panorama gal ...
Ler Máis...

Categoría:Rock

Camerata Meiga

Camerata Meiga

Grupo folk ourensán que sacou o seu primeiro disco en 1999, Habelas, hailas, (Resistencia, 1999) e que formaron os ex-compoñentes de Xeque-Mate Víctor Gil, Carlos Iglesias, Mig ...
Ler Máis...

Categoría:Folk

Os Alegres

Os Alegres

Cuarteto tradicional de Mourente, Pontevedra, que encetaron a colección Os nosos gaiteiros da editorial Do Cumio. Unha das formacións que representan hoxe en día a máis pura tr ...
Ler Máis...

Muxicas

Muxicas

O Quinteto Tradicional Muxicas formouse en 1978 ao redor do famoso gaiteiro Moxenas e ao longo dos seus vintedous anos de vida, deron o seu concerto de despedida o 15 de setembro de 2000 en ...
Ler Máis...

Categoría:Tradicional

Chouteira

Chouteira

Grupo folk creado no comezo dos anos noventa que comezou sendo un quinteto tradicional ate evolucionar á formación máis ampla, sección de metais incluída, coa que rematarían a súa carreira. ...
Ler Máis...

Categoría:Folk

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto