Imprimir |  Close this window

Bastards on Parade

Bastards on Parade

Nada na Coruña a finais do ano 2007, coa unión dun gaiteiro a un fato de rapaces que facía música punk, a banda non agocha as súas influencias, -o nome tómano dun tema dos Dropkick Murphys, un dos referentes do celtic punk a nivel mundial-, e presentan unha descarga contundente de punk celta onde se coan sonoridades de noso, na liña dos Motor Perkins ou, en menor medida, dos Guezos. A banda presentou a finais de 2008 Whiskey in my Heart, un EP ao que lle engadiron neste 2009 catro novos temas, e que tivo moi boa acollida nos circuítos internacionais de celtic punk, malia pasar bastante desapercibido no país.

Imprimir |  Close this window