Los Santos Featured
Los Santos somos un trío de punk-twist de Sada (A Coruña). Levamos 15 anos sendo a banda máis sexi do underground galego. Despois de varias maketas, acabamos de poñer a disposición de todo o mundo o noso "¡Grandes éxitos, hijos de puta!" no noso bandcamp.
Los Santos caracterizámonos por ser unha banda de rock and roll contundente e divertida, con verdadeiros himnos como A Sardiñada, inspirada na sardiñada que cada mes de agosto se celebra en Sada, a nosa vila natal; Rapariga, un tema que compuxemos cando sufriamos polas mulleres que nos trataban mal; ou Tony Montana, unha oda ao famoso cubano protagonista da película Scarface de Brian de Palma. O noso último clip, Quero ser un berberecho, é obra do maxistral Brian Madison e é un tema incluido na primeira edición do recopilatorio Galician Bizarre. Para o 2014 pretendemos editar o noso primeiro disco, "Mirando a Cuenca", que actualmente estamos gravando. Sabedes dalgún selo interesado?
Los Santos somos:
Cucaracha, voz e guitarra.
Bule Bule, batería.
Hugo The Boss, baixo.
Se vostede ten unha sala e 300 euros quizais poida contratarnos.
Accede á Zona de Descarga de Los Santos
Escoita Grandes Éxitos (2013)