Imprimir |  Close this window

Marxe Eskerda

Marxe Eskerda

Marxe Eskerda nace a mediados de 2007 cando un grupo de amigos deciden comezar a expresar as suas inquedanzas a través da música. Con moitas gañas e poucos medios, comezan a sair os primeiros temas, que toman corpo no que será a súa primeira maketa, Collendo Forma, no 2008.
Despois deste primeiro traballo, autoeditado polo grupo, van saíndo cada vez máis concertos que lle sirven ao grupo como para ir gañando experiencia ,  o que se sucede coa gravación do primeiro traballo de estudio do grupo, o homónimo Marxe Eskerda. A gravación ten lugar nos estudios Metropolis de Vigo,  co posterior traballo de Jose TNT("Petetas"), que se encarga da mestura e masterización do mesmo. Este traballo , editado polo propio grupo e distribuído por
La Contra e Galiza Música, ten moita maior repercusión ca o anterior, notándose claramente a progresión musical. A intención do grupo, por outra parte, segue a ser  a dos inicios, expresar as nosas propias ideas a través da musica e gozar con ela.

Imprimir |  Close this window