Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Punk Nhió!

Buscar no Cartafol:

Nhió!

Nhió!! é un grupo de Trasancos que xorde dos rescoldos de Retobato, banda que morreu ao marchar Óscar, batería e parte fundamental do grupo. Nese momento (outono 2008) decidimos seguir, o resto de nós, cun proxecto novo no que partiríamos de cero, facendo temas novos… e a ver que pasaba.
Nun primeiro momento non atopamos nengún batería e ponse a tocala Pablo (voz), cousa que xa fixera no proxecto anterior a Retobato (Malos Tratos), pero a cousa sen el na voz non marcha ben, e seguimos buscando, e provando a varios ata que damos con outro Óscar, a principios do vrao do 2010, que se empata deseguida e xa a cousa comeza a caminhar có paso firme que nos marca unha boa bataca... A estrea ao vivo foi no 'C.S.O. A Casa da Estación' o 25 de septembro de 2010.
A música que facemos agora segue a ser punk, pero xa a vea hardcore, que nos asomaba de vez en cando, está esquecida, e facemos un punk bastante máis rockero…ou iso nos soa, xa se verá o que opina o persoal que nos disfrute/sufra.
Case todo o que tocamos son temas nosos, nos que as verbas son en galego. Tamén temos algunha versión adaptada como o tema “As Encovas” de Fuxan Os Ventos, ou o “I Don’t Wanna Grow Up” que traducimos e agora chámase “Eu non quero medrar”, aínda que algunha versión tamén queda como é a orixinal, como por exemplo o “They Say” de Scars on Broadway.

+ Artigos sobre Nhió! en GZmúsica

A estrea dos Nhió!

Novas Relacionadas:
Images (1)

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto