GZmusica.com - Músicas da Galiza - Recently Added Listings - Punk https://www.gzmusica.com/ Thu, 28 Mar 2024 19:33:10 +0100 FeedCreator 1.7.3 Terbutalina https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/terbutalina.html

Terbutalina é unha banda de garage punk formada en Esteiro, no concello de Muros, en 2010. Letras acedas, por veces surrealistas e sempre irreverentes, unidas a ritmos frenéticos con temas de pouco máis dun minuto foron os sinais de identidade que axiña colocaron a Terbutalina entre as máis exitosas das bandas galegas dos anos dez.

Desde o comezo, a Terbutalina foi unha banda de directo. E así, o seu primeiro disco Live in Catoira (Autoeditado, 2011) foi gravado ao vivo nesta vila do Salnés. A formación que aparece neste traballo, Migui Terbutalino, na voz principal e guitarra, Mon Terbutalino, guitarra e voz, Samu Terbutalino no baixo e voz e mais Brais Terbutalino, batería e voz, foi a orixinal da banda. Eles catro gravaron tamén o EP Que de leite (Autoeditado, 2011) e o primeiro disco longo, Broncodilatador (Autoeditado, 2011), co que tiveron certo éxito na escena punk e alternativa galega, o que os levou a aparecer no cartaz de varios festivais do 2012, como o Revenidas ou o Furtivo.

{youtube}nEzWHtMHW24{/youtube}

A súa primeira vez en Revenidas, no 2012

Nese 2012 entra na banda Carlos Terbutalino, que se fai cargo da batería, pasando Brais ao baixo. Con esta formación de 5 membros gravan Hostias para todos (Autoeditado, 2012) e é tamén coa que xiran ese ano polos festivais e locais do país.

{youtube}n3CDtZ9u4G0{/youtube}

A nosa primeira entrevista a Terbutalina, no Furtivo 2012

No 2013, coa publicación de Ritmo Serbio (Autoeditado, 2013), a banda entra nunha época en que o recoñecemento en Galiza é cada vez maior, alicerzado nese frenesí que parecía rodear a banda na altura. Entre 2011 e 2015 sacan un disco por ano, e dan ducias de concertos, polo país e tamén comezan a saír fóra, onde sorprenden cun directo esmagador, con Tomás Ageitos como técnico dos directos desde que comezan a gravar n'A Ponte, Ritmo Serbio no 2013, e coa entrada de Diego Terbutalino na batería no 2014. Nese ano, e xa con Diego na batería, gravan con Ageitos A Muerte (Autoeditado, 2014) co que gañan o mellor álbum en galego nos Premio da Música Independente. Un ano despois chega Al otomano se la va la mano (Folc Records, 2015) de novo gravado n'A Ponte.

{youtube}J3ZhtBlsEPU{/youtube}

Terbutalina no templo do underground morracense, Bar Labranza no 2015

A partir do verán de 2016, comeza a acompañar a banda nalgúns directos Torres, que despois pasará oficialmente a ser membro da banda no 2018, aínda que antes sacan coa formación anterior Sonido Esteiro (Folc Records, 2017). Neste vídeo preséntannos a Torres no Armadiña Rock do verán do 2016.

{youtube}gBT3FE4o4Cc{/youtube}

No Armadiña Rock de Combarro no 2016

Na altura, a banda vese na encrucillada entre manterse nese estatus semiprofesional no que levaban xa 3 ou 4 anos ou dar o salto definitivo á profesionalización. Compaxinar os traballos con xiras, concertos e xeiras interminables na estrada era complicado. Samu e Brais, que levaban desde o comezo, e Diego, que entrara no 2014, acaban deixando a Terbutalina, na que seguen Mon e mais Migui e na que entran Torres, no baixo, e Héctor, na batería, no 2018.

{youtube}0qCLNL6ZNmU{/youtube}

Presentación da nova formación, no 2018

No 2019 e xa coa nova formación publican Espabila gallego (Folc Records, 2019), onde queda patenta a mudanza de estilo que xa apuntaba Sonido Esteiro, moito máis acougado ca os traballos anteriores e no que, como di o título, xa mostraba cara a onde querían levar a súa música. Moito máis garage e menos raiba punk. Sirva un dato curioso para explicalo. En A Muerte, 2014, nin un só tema pasa dos dous minutos. En Al otomano se le va la mano, 2015, só un: Pa pa ou ma ma, que pecha o disco anunciando xa a viraxe que comezaba a banda. No EP do 2017, Sonido Esteiro, o 50% pasan dos dous minutos. No traballo de 2019 xa son o 70%, 7 cancións de 10. 

{youtube}uboYH9_QXAs{/youtube}

No Festiletras, na aldea do Couto, en Pontececso

Tras o parón da pandemia, a banda volveu publicar un single o 25 de febreiro de 2022, Costa abaixo, adianto de Era Cabra, (Folc Records, 2023), disco longo publicado en novembro de 2023, no que volve entrar Diego na batería. Volve tamén un son máis contundente, de guitarras por veces máis limpas que en discos anteriores e recuperando incluso ritmos rápidos dos seus primeiros discos.

(Actualizado en marzo de 2024)

AL OTOMANO SE LE VA LA MANO (FOLC RECORDS, 2015)

SONIDO ESTEIRO (FOLC RECORDS, 2017)

ESPABILA GALLEGO (FOLC RECORDS, 2019)

ERA CABRA (FOLC RECORDS, 2023)

]]>
Lavesedo Tue, 15 Mar 2022 00:01:17 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/terbutalina.html
Os Derradeiros https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/os-derradeiros.html

Os Derradeiros nacen a mediados de setembro de 2013, cando se xuntan catro musicos que xa antes tiñan coincidido noutros grupos (Os Indesexables, Nhió!!,  Retobato, Die Tsunami....) e que na altura non estaban a tocar en ningunha banda, agás Óscar Fojo que canta e toca en El Viejo Caracol, e que tiñan "ganiñas de voltar facer ruído".

Formación dos Derradeiros:

Fojo - Bataca
Quiza - Voz
David - Guitarra
Ciprián - Baixo

Accede á Zona de Descarga dos Derradeiros

{phocadownload view=category|id=37|text=Accede ás Descargas|target=s}

 

]]>
Lavesedo Mon, 13 Jan 2014 01:27:39 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/os-derradeiros.html
John Happy Driver https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/johnhappy-driver.html

Grupo punk de Esteiro, Muros, formado por Torres, jitarra e vos (sic), Kúber, baixo, vos e coros e mais Jesse, Batería. Seguidores do happy punk, a banda publicour o seu primeiro disco no 2007, ao que seguíu un directo gravado na praza do concello de Muros dous anos despois.

No 2013, a banda saca en 2 meses, novembro e decembro, 3 discos gravados, como os anteriores, por eles mesmos na casa. Desde aquela non volveron publicar ningún traballo. A partir de 2018, Torres entrou a formar parte da Terbutalina.

Deixámosvos a biografía que nos enviaron eles propios para o Cartafol.

Precursores do kuberto galego, 3 rapaces a todo bater dende Esteiro, rompendo instrumentos, tímpanos e cabesas. Cun novo batería máis novo do que pensades. Pero John Happy Driver non é simplemente iso, non, John Happy Driver é un espellismo causado pola acumulación de gases contaminantes producidos polo autobús do happy punk.

Algún dos efectos da acumulación de gases no cerebro podían ser as ganas de bailar pogo cos vellos compartindo a súa drojodependensia. Pero dádenos unhas birras, aljo de atensión e preparádevos para letras absurdas e ritmos "Tum-paeros". Nós poñemos a maxia. Advertensia: Concertos non aptos para maiores de 60 anos que non saben mover o bastón a ritmo do punk felish.

{youtube}VHx4cTfCNSU{/youtube}

Ao vivo na Súper 8 de Ferrol. Fonte: Súper 8

Vouche apalear (2013)

Directo aos collóns (2009)

Accede á zona de descarga de JohnHappy Driver

{phocadownload view=category|id=35|text=Discografía de JohnHappy Driver|target=s}

]]>
Lavesedo Sun, 17 Nov 2013 01:02:48 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/johnhappy-driver.html
Sindicato Agrario https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/sindicato-agrario.html Sindicato Agrario formouse en 1984 en Lugo recollendo as influencias do primeiro punk e a electrónica. Uns novísimos Piti Sanz (Los contentos, DiElas), Javier Guana e Ramón Zapata unironse a Xabier Devesa (Os Resentidos) para gravar o seu primeiro e único EP "Sempre na berza".

Con letras surrealistas e cheas de humor fixeron, ao igual que os seus contemporáneos Os Resentidos, unha mistura perfecta entre modernidade e costumismo que unida ao son das caixas de ritmos se converten na excusa perfecta para o baile.

Descarga Sempre na berza (1984)

{phocadownload view=file|id=15|target=s}

]]>
Lavesedo Tue, 05 Feb 2013 21:52:15 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/sindicato-agrario.html
Ulträqäns https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/ultraeqaens.html

Unha tarde de maio de 2007, no Monte Alto berce do Bravú nacen Os Ulträqäns. O grupo xorde anos despois da desaparición dos Papaqueixos, grupo no que tocaban desde o seu comezo Antón Díaz e Fran Amil, que estiveron enrolados en formacións como A Turma Angologalega entrementres, aos que se uniron Tino Vilaro, encargado de "todo o que pode ser rabuñado" e Aarón Iago, "co que pode ser soprado".

Considerados por moita xente coma os sucesores naturais daquela histórica formación bravú, o certo é que os Ulträqäns atesouran moitas das características dos Papaqueixos, idiosincrasia e base rítmica incluídas, mais camiñan un carreiro non tan amplo no que a estilos musicais se refire. Co complicado que resulta dicir isto dunha banda capaz de unir unha muiñeira e Iron Maiden e saír moito máis ca indemnes do experimento, o certo é que Ulträqäns practica un punk-folk acelerado, con apenas intres de acougo, cun amplo protagonismo instrumental, apenas rachado polo agro-prop, os tanques soviéticos e a odiosa crítica musical. Así o ven eles:

Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speed-folc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo.
Ulträqäns nace nun piso que salvou da piqueta de derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quilo-estalos.
Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo.
Ulträqäns só quer xolda, pándigo e mala óxtia.
Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Non coñece a piedade.
Ulträqäns quer dar-vos unha aperta fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café.
Que o desfruten. Chipirixouba!

Teñen publicado un único traballo, homónimo e presentado no 2011, así como colaboracións nos colectivos República Billarda e A Tribo Toda Baila.

A formación actual dos Ulträqäns é:

-Francisco Amil (Amilón ou Amilenko): Parches e coiros ulträtrebónicos, voz, alaridos from hell, arroz manager, fotoxornalista incorrupteivol.
-Aarón Bouzón (Cachisnamar): Frauta, gaita galega, EWI4000, whistle, chintófano dos tronos, vocecillas surtidas, movimentos ameboides.
-Manu Seoane (a.k.a. Knopfler): Fender stratocaster, fender strato-cúmulos, fender-testas, afinacións retroindustriais, malladora sidero-carballeroide.
-Antom Díaz (Tarakanov): Baixo, baixo fretless, contrabaixo, voz, dispensador de francachelas, macaco nervudo, isótopos no peto, semidescontrol loco-motivo.

Aos que se engade ás veces nos directos Pablo Añón (Pablo Sax): Metais pesados e preciosos, soplista bebopesco, dancin’ escachístico, browni in the night with moito on the rocks.

{youtube}3TCUniJwCLA{/youtube}

Descarga Ulträqäns (2011)

{phocadownload view=file|id=14|target=s}

]]>
Lavesedo Tue, 22 Jan 2013 22:00:07 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/ultraeqaens.html
Retobato https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/retobato.html

A cousa comezou aló polo 95 con Fran no baixo, Carlos na voz e guitarra, Pablo na batería e Xota na guitarra, daquela a cousa chamábase Malos Tratos, o debut en directo foi a principios do 96 no Popeye de Ferrol, pouco despois dese concerto marchou Fran (baixo) e entrou Cipri no seu sitio. Xa todos eramos amigos dende había un lote de anos. O seguinte concerto foi a principios do verán dese ano, e aí rematou a cousa, por motivos profesionais Pablo marchou lonxe e sen el nada, xa que el sempre foi o motor do grupo, ensaiábamos na casa del coa súa batería, o seu baixo, a súa guitarra, e sobre todo o seu empuxe. Dende aquela continuamos ensaiando esporadicamente, as poucas veces que Pablo podía vir por aquí. Uns anos despois deixou o grupo Carlos co que estivemos prácticamente parados ata o 2002 en que empezou Quiza na guitarra, Pablo pasou á voz e a bataca colleuna Óscar, e aí é onde empeza Retobato, coa publicación do disco Cousas que cheiran. Con posterioridade sacaron Greatest Hits no 2008.

{youtube}ipSwma45Uos{/youtube}

Accede ás descargasde Retobato

{phocadownload view=category|id=32|target=s}

]]>
Lavesedo Wed, 11 Apr 2012 23:58:25 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/retobato.html
Bastards on Parade https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/bastards-on-parade.html

Bastards on Parade son unha banda de celtic punk nada na Coruña a finais do ano 2007, coa unión dun gaiteiro a un fato de rapaces que facían música punk. A banda non agocha as súas influencias, -o nome tómano dun tema dos Dropkick Murphys, un dos referentes do celtic punk a nivel mundial-, e presentan unha descarga contundente de punk celta onde se coan sonoridades de noso.

O seu primeiro EP foi publicado en 2008, Pipes & Drunx, e a banda presentou a finais dese mesmo ano Whiskey in my Heart, un EP ao que lle engadiron no 2009 catro novos temas, traballos que tiveron moi boa acollida nos circuítos internacionais de celtic punk, apesar de pasaren bastante desapercibidos no país. En marzo de 2010 chegaría un novo EP, Death Shore Pirates, que non fixo máis que acrecentar o interese de prensa e seareiros do celtic punk pola formación, que sacaría o seu primeiro disco de longa duración no 2011, Tales from the Death Shore, editado polos selos Carnage Records , francés, e Uncle Owen Records, xaponés, e que se meteu no TOP5 dos mellores discos do ano no xénero tanto en medios especializados coma en votacións de seguidores. Abre o traballo a Marcha do Antigo Reino de Galiza e hai oco tamén para unha moi punki Chantada's Jig. Un ano despois publican un novo EP, Shallow Waters, onde inclúen o pasodobre Pastoriza.

{youtube}A0uj1AMqIxI{/youtube}

Ao vivo en Taragoña, no 2012, sen Aspi

Desde o comezo, os Bastards saíron tocar por Europa, adentrándose no circuíto do celtic punk xa coas súas maquetas, facendo xiras por Alemaña, Francia, Países Baixos, etc antes incluso de tocar moito polo país e moi logo, nomeadamente despois da publicación do primeiro e segundo discos, este Empty Bottles & Broken Things que sacaron no 2013 co selo alemán Wolverine Records, acompañaron bandas coma The Mahones ou The Real McKenzies nas súas xiras europeas. Precisamente na xira dos segundos, e despois dun concerto memorable na Iguana Club de Vigo, os McKenzies propóñenlle a Aspi, gaiteiro dos Bastards, substituír o seu gaiteiro que non pode seguir de xira. A resposta é afirmativa e ao día seguinte Aspi embarca nun avión rumbo ao concerto desa noite en Alemaña, aproveitando a viaxe para ir aprendendo as cancións cun tin whistle.

O que era unha solución provisoria prolongouse no tempo, con Aspi facendo xiras arredor do mundo cos MacKenzies e cos Bastards on Parade tocando sen gaiteiro ou cun suplente cando coincidían datas entre os grupos e parados na faceta creativa despois de 5 anos en que publicaron 6 traballos.

O agardado terceiro traballo dos coruñeses chegou 5 anos despois, Cara á liberdade (Maldito Records, 2018), e supuxo a mudanza de idioma, do inglés cara ao galego, nas cancións da banda que, no entanto, tanto nas instrumentais de raíz popular coma nas letras reivindicativas da súa galeguidade, viñan de sempre maufacturando un punk celta con esencia propia. Sensación que aumenta loxicamente neste terceiro traballo, que os fixo máis coñecidos no país e que tamén foi acollido con interese polos seus seguidores estranxeiros.

{youtube}4hJj4HBa7pg{/youtube}

No Revenidas 2019, coa formación actual

Whiskey in my Heart (2009)


Tales from the Death Shore (2011)


Cara á liberdade (2018)


]]>
Lavesedo Wed, 21 Mar 2012 01:59:18 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/bastards-on-parade.html
O Leo i Arremecághona https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/o-leo-i-arremecaghona.html

Cantautor punk da parroquia viguesa de Matamá, O Leo Arremecághona. Alá polo ano 97, unha maqueta gravada cunha minicadea e un micro no centro (pola reverb) dun salón de Vigo cunha guitarra acústica rescatada do lixo chegaba ás mans de alguén que chamou O Leo i os Endinados para tocar no II Félix Rock de Vigo, xunta bandas como Babes in Toyland ou Toy Dolls. Mentres viña a data do concerto, O Leo fíxose acompañar virtualmente (aínda nunca chegaron a tempo a un concerto) de Arremecághona!!!, dúo de tamboril e cunchas inspirado en Metallica e no seu Enter Sandman . Un ano despois, coa entrada para o concerto de Vigo xa mercada, O Leo i Arremecághona!!! foron requiridos para abrir os directos da Xira Galega do Veintegenarios de Albert Pla. Tiveron que lle revender a entrada a un colega. De aí saíu o xermolo deste disco, Suspiros de Kaña , gravado e mesturado por Pablo Iglesias no febreiro de 1998.
As mil copias dese disco nunca foron distribuídas máis ca en dúas tendas de Vigo e dúas de Santiago (polo propio autor). Tampouco se chegou a facer xira de presentación, aínda que o disco si foi posto en Satelitrés e en La Baía de Radio 3 e por aí saíron tres bolos no Festival de Teatro de Peto de Donosti. A partir de aí, o Leo i Arremecághona!!! tocaron no III Félix Rock e en todo canto minifestival e pub se prestase a acollelo, entre eles a Fiasta de Goián, no Baixo Miño, onde máis de 2.000 persoas corearon os seus temas na II edición do festival e onde máis de 400 se xuntaron no Entruido do ano seguinte para inaugurar, no furancho da Once (Asociación entruideira), o I Festival da Taíña, vixente inda hoxe. O Leo considera Goián como a súa patria musical. De feito O Leo arrenega musicalmente da súa patria verdadeira, Matamá, en Vigo, onde o vetaron expresamente –a el e ó festival enteiro– polo contido das súas letras.
Ao longo destes anos tamén fixo músicas e letras para espectáculos teatrais, en que participou asemade como actor: As Presidentas , d' A Factoría Teatro e Vendetta , de Berrobambán Teatro, espectáculo punk para pubs. Despois preparou o disco Aghomita, campión! e o directo Sigho (Vivo)!, recompilación audiovisual do seu espectáculo en vivo.
Argallou tamén a xira E aghomita!, na que apresentaba as cancións dese segundo disco, sempre a piques de saír á rúa, e onde colaboran Vicent Jalo, a banda de gaitas Os Ventos de Comesaña ou a banda punk viguesa Puta Miseria, e presentou a súa primeira incursión literaria, Hai cu, Ed. Xerais, 2007.
O Leo pasea a súa particular performance, teloneado polo seu alter ego, O Leio, cantautor que interpreta temas de Batallán ou Vaamonde, para dar paso despois ao resto da familia Arremecághona!, -cada vez máis numerosa-, e rematar sempre coa versión máis punk, onde vestido co traxe galego e camisola anarquista versiona aos Clash, cunha das mellores cancións do certame apologhit, e sacode os alicerces da sociedade. No 2012 gravou ao vivo no seu piso de Compostela o que sería o seu terceiro disco, do que tampouco volveu haber novas.

Suspiros de kaña (2000)

{music}/images/stories/descargas/O_Leo_i_Arremecaghona{/music}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 04:10:31 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/o-leo-i-arremecaghona.html
Deseqilibrio Mental https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/desequilibrio-mental.html

Grupo de metal da comarca de Compostela creado no 2002. Os Deseqilibrio Mental, bourando e tocando dende 2002, máis de 20 anos levando o nome da Casalonga polo país adiante, publicaron unha primeira maqueta no 2006 e posteriormente sacaron, en 2011 o seu primeiro disco de estudo.

Con Q sin U (Lobicán Records, 2011), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son durante 2009 e 2010 foron a súa estrea nun estudo, porén, non foi a primeira gravación da banda, que xa publicara unha maqueta no 2006 con Fito e Anxo nas voces, Jimmy na guitarra, Piky no baixo e mais Piedra na batería. A esta formación inicial uniuse Miguel Duarte para o primeiro LP, no que o grupo parte do metal en galego para abeirarse ao punk e tratar nas súas cancións problemáticas da sociedade actual, para protestar polo que non lles gusta, misión na que estiveron apadriñados no seu disco de estrea polo melloriño do rock galego, como Ruxe Ruxe, Zënzar, os Machina e incluso os históricos Astarot.

O seu traballo viuse recompensado ao longo destes anos tocando en festivais como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010.

En febreiro de 2015 publican Séculos Escuros (I), primeiro dos EPs do seu novo proxecto.  O disco foi cociñado en Pousada Son xunto ao máster Iago Pico e conta coas colaboracións de Xan Pericán de Ruxe-Ruxe e DJ Mestre Pi. Do deseño encargáronse as Arinspunk.

Despois dun tempo de pouca actividade, a banda publicou ao longo de 2019 dous EPs máis cos que pechou o proxecto Séculos Escuros. Trátase de Séculos Escuros (II), Únete, xa sen Duarte na guitarra na que entra Mário César e Séculos Escuros (III) Ilusión no que aparece unha terceira guitarra, David Varela, Barbas, e no que as voces corren por conta de Fito e Milio.

 {youtube}A3Jl_nRZ_V4{/youtube}

Estivemos con eles no verán do 2017, en Vilanova de Arousa, no Rockin' Vila. A partir do min. 13

Escoita e/ou descarga a música de Deseqilibrio

Accede á zona de descarga de Deseqilibrio Mental

{phocadownload view=category|id=20|target=s}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 03:14:24 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/desequilibrio-mental.html
Marxe Eskerda https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/marxe-eskerda.html

Marxe Eskerda nace a mediados de 2007 cando un grupo de amigos deciden comezar a expresar as suas inquedanzas a través da música. Con moitas gañas e poucos medios, comezan a sair os primeiros temas, que toman corpo no que será a súa primeira maketa, Collendo Forma, no 2008.
Despois deste primeiro traballo, autoeditado polo grupo, van saíndo cada vez máis concertos que lle sirven ao grupo como para ir gañando experiencia ,  o que se sucede coa gravación do primeiro traballo de estudio do grupo, o homónimo Marxe Eskerda. A gravación ten lugar nos estudios Metropolis de Vigo,  co posterior traballo de Jose TNT("Petetas"), que se encarga da mestura e masterización do mesmo. Este traballo , editado polo propio grupo e distribuído por La Contra e Galiza Música, ten moita maior repercusión ca o anterior, notándose claramente a progresión musical. A intención do grupo, por outra parte, foi desde os inicios expresar as súas propias ideas a través da musica e gozar con ela.

{youtube}OH9Xd28apFg{/youtube}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 02:50:20 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/marxe-eskerda.html
Desvirgheitors https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/desvirgheitors.html

Desvirgheitors foi unha banda punk viguesa formada a mediados dos anos 80, que chegou a publicar un LP homónimo no ano 93, despois de ter publicado varias maquetas, para se separar pouco despois. Cantaban maioritariamente en castelán pero tamén tiñan algún tema en galego, sendo pioneiros do estilo na nosa lingua.

A banda sacou unha primeira maqueta en 1987, tamén homónima, na que se incluía entre outros o "Puta mili", canción que acadou certa popularidade no movemento anitmilistarista galego. En 1991, e despois de mudanzas na formación coa entrada dalgún antigo membro dos KdK, publican "Demo 91", sen dúbida o mellor traballo dos Desvirgheitors, onde aparecen temas como "Paraísos Perdidos" -do que fixo Skacha unha versión tempo despois-, "Polvo amargo" ou "Uh ah ke kalor" e que os levou a ser coñecidos no panorama punk estatal e dar concertos en Euskal Herria, Asturies ou Madrid. Tamén a aparecer en compilatorios punk estatais xunto ás bandas punteiras do estilo na época.

Após novas mudanzas na formación, coa entrada de novos guitarristas máis próximos ao metal, chegou o seu único LP, "Desvirgheitos", no 1993, que chegaron a presentar en squats na Alemaña, para se desfacer a banda pouco tempo despois. Desaparecidos antes do auxe do punk na cidade olívica, moitas destas bandas recoñecen os Desvirgheitors como referentes. Curiosamente, e apesar dun nome que hoxe sería bastante pouco politicamente correcto, foi unha das primeiras bandas con presenza feminina, Pili, baixista do grupo ao longo de toda a súa traxectoria. Xavi, cantante e ocasionalmente batería da formación, é hoxe o frontman dos Transilvanians.

Escoita Desvirgueitors

Demo 91 (1991)

{youtube}MVisCYFWSmA{/youtube}

Desvirgheitos (1993)

{youtube}nIttUl25kSQ{/youtube}

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 00:29:31 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/desvirgheitors.html
Skacha https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/skacha.html

Grupo de punk-rock vigués, formado a comezos dos 90 por 3 adolescentes do barrio das Travesas de Vigo, Kino, Xose e Roberto, aos que logo se unirían Esteban na voz e Martín, membro na altura dos KOP vigueses, artellando a que sería a formación durante esa década. Despois do éxito acadado pola súa segunda maqueta, -que chegou a saír nas bandas deseñadas de Pedro Pico&Pico Vena-, a discográfica alemá SOS Records edítaa en CD, o primeiro da banda, Sempre Ceibes, publicado no 1996. Despois dalgunha mudanza na formación, -saída de Xose, paso de Mikele e Pablo polo baixo-, van gravando algún disco novo, Xustiza cega, (Plastics Discs, 1997) e Skacha, (Sons de Luita/Janie Jones Records, 1999), ademais do traballo, compartido con varias bandas como Kaos ou Disturbio 77, Estado de Sitio, (Janie Jones Records, 2001) no que versionan bandas punk da cidade como Desvirgheitors.

Posteriormente Roberto, un dos fundadores abandona o grupo e Skacha saca algún novo traballo, o recompilatorio 1995-2003 co selo italiano Anfibio e xa con temas novos o magnífico A ferro e lume, (Potencial HC, 2006) e finalmente Catro, (Escacha Records, 2010). A badna despediuse cun concerto na súa cidade natal no 2011.

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 00:19:47 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/skacha.html
O Jarbanzo Negro https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/o-jarbanzo-negro.html

Cando o Rock Bravú aínda non estaba inventado, ou aínda ninguén lle puxera nome, había pola Coruña un ghrupaso que sorprendía a golpe de gaita e mais distorsión, Os Verjalludos, Vodas, Banquetes e Barricadas, aló polo ano 90. O grupo desapareceu e algún dos seus membros acabou fichando por outras bandas de sona da cidade coma Os Diplomáticos.
Dos outros non se soubo máis nada deica a aparición no 2000 de Terra without grenzen, Terra sen fronteiras, primeiro traballo do Jarbanzo Negro.
¿ E de quen veñen sendos estes jarabansos? Pois Nacho e Vias, tremendo baterista-home orquesta, da Coruña que rabuña, dos devanditos Verjalludos, Paquiño, Marrajo e Magaña, dunha aldea de Cáceres e Tanja, Uli e Robert da Alemaña. Mistura europea con experiencia de cómicos ambulantes que arrexuntan unha muiñeira cunha rumba dos balcáns, cun corrido mexicano e danlle lume. Potaxe de Jarbansos.

E este Buscavidas segue a ser máis desta patxanka con recendo a Klezmer e a música xitana, a jevi-jaiteiro e a punk inglés mais coa cerna na música galega, cecais porque a meirande parte das letras e “ideas musicais” sexan de Nacho e Vias. Os 16 temas de Buscavidas abranguen todos eses estilos musicais co obxectivo de facer bailar e gozar, cun pasodobre ou cun pogo, deixando un pedazo de lado as letras gherrilleiras moito máis presentes en Terra Without Grenzen.
Salientan neste traballo as colaboracións de Xurxo Souto, Iñigo Muguruza e Oscar dos Cempés, cada un nunha canción axeitada aos seus distintos estilos musicais. O mellorciño do CD é La Oveja Negra, bases a ritmo ska, rapeo por riba e gaita, Esa Penita, tremenda rumba ou Can de Palleiro.

]]>
Lavesedo Sat, 17 Mar 2012 23:51:35 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/o-jarbanzo-negro.html
Keltoi https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/keltoi.html

Grupo de street punk vigués. O grupo formouse no ano 1995, nunha época especialmente frutífera para o punk-rock na cidade de Vigo pois na altura tamén despuntan outras bandas como os recentemente desaparecidos Skacha ou Disturbio 77, e fai a súa estrea nun concerto celebrado co gallo do Día das Letras Galegas do ano 1996, acarón dos referentes da música galega da década, os Diplomáticos de Monte Alto. 

Logo viría o primeiro disco, Casco Vello, (Bronco Bullfrog Records, 1998), aínda que antes xa colaboraran no compilatorio Oito anos de sequestros (Sons de Luita, 1997), xunto a bandas como Nación Reixa, Zënzar, Xenreira ou Korosi Dansas.

Apesar do son moi mellorable do seu primeiro disco, o certo é que o traballo lles valeu de carta de presentación na escena punk galega, -tamén alén das nosas fronteiras-, acadando críticas moi positivas en revistas especializadas doutras zonas do estado e incluso nos USA. Tamén chegan os concertos, mais xusto cando a banda comezaba a se estabilizar e podía pensar en preparar o segundo  traballo chega o primeiro parón. O cantante ten que marchar traballar fóra e o grupo para. Recuperarían o labor xa pasado o cambio de milenio, para encetar a mellor etapa dos Keltoi, que estrean coa saída de Estado de sitio, (Janie Jones Records, 2001), traballo compartido polas 4 bandas imprescindibles para entender o punk na ría de Vigo, os xa citados Skacha e Disturbio, os morracenses Soak e os propios Keltoi.

De novo activos, os Keltoi van ampliando engorde a listaxe de concertos, con cada vez máis saídas fóra de Galiza, até chegar a compartir escenario cunha multitude de bandas internacionais de música ska e punk, como Malarians, Skarface, Dropkick Murphys, The Real McKenzies ou  Frontkick. Precisamente ao lado destes últimos e de Malas Cartas, a banda viguesa pon punto final a esta etapa cun concerto na cidade olívica en xaneiro de 2005.

O que semellaba o adeus definitivo do grupo queda nun deica logo cando, a piques de rematar o 2010, sae á rúa A nosa cinza, (ONDC Records, 2010). Argallado como un disco póstumo, unha sorte de legado musical, velaí o nome, rematou por se converter no inicio dunha nova etapa de actividade para Keltoi, que seguen a traballar e a dar concertos.

]]>
Lavesedo Wed, 07 Mar 2012 23:54:41 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/punk/keltoi.html