Sindicato Agrario

Sindicato Agrario formouse en 1984 en Lugo recollendo as influencias do primeiro punk e a electrónica. Uns novísimos Piti Sanz (Los contentos, DiElas), Javier Guana e Ramón Zapata unironse a Xabier Devesa (Os Resentidos) para gravar o seu primeiro e único EP "Sempre na berza".

Con letras surrealistas e cheas de humor fixeron, ao igual que os seus contemporáneos Os Resentidos, unha mistura perfecta entre modernidade e costumismo que unida ao son das caixas de ritmos se converten na excusa perfecta para o baile.

Descarga Sempre na berza (1984)