Que vén sendo o Cartafol?
Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
- E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
- Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
- Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
- E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)
Buscar no Cartafol:
The Brosas Featured
The Brosas son unha banda de Burela composta por Lorenzo (baixo), Bernardo (guitarra e voz) , Rubén (guitarra) e Gara (bateria). O seu son as cancións contundentes, directas, clariñas e concisas: boogie rock desquiciado, furia redneck e ferro a fondo ata que parta o pistón. O seu primer traballo, -homónimo-, gravouse nos estudios Bonham da Coruña, e contén sete cancións veloces e sinceras. Publicouse a comezos de 2012. Aquí podes escoitalo ou descargalo nun ficheiro zip.
Descarga The Brosas (2012)
Escoita The Brosas (2012)
Tema | Escoitar | duración |
DEMAGOXIA (THE BROSAS) | 3:37 min | |
FUXE (THE BROSAS) | 2:06 min | |
HOME EN MARTE (THE BROSAS) | 1:38 min | |
KRASNI BOR (THE BROSAS) | 2:10 min | |
MONSEСOR (THE BROSAS4) | 2:32 min | |
RHETT BUTLER (THE BROSAS) | 2:50 min | |
VERME (THE BROSAS) | 1:44 min |
Images (1)
Reviews (0)
Be the first to review this listing!