GZmusica.com - Músicas da Galiza - Recently Added Listings - Ska/Reggae/Mestizaxe https://www.gzmusica.com/ Fri, 29 Mar 2024 05:36:51 +0100 FeedCreator 1.7.3 Banda Fura Fura https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/banda-fura-fura.html

A Banda Fura Fura naceu no ano 2012 con motivo da homenaxe ao cantautor Zeca Afonso en Compostela. A iniciativa convenceu ao público e aos propios músicos, que decidiron prolongar a súa actividade máis alá da homenaxe. Así, no 2013 a banda estivo presente en varios festivais do país, como Revenidas, Castelo Rock ou Reperkusión. Posteriormente publicaron un EP con 4 temas que ficou como legado do seu paso polo panorama musical galego.

Destacan no seu repertorio os temas de denuncia social, pero feitos ao seu propio estilo, rockanroleando temas do artista portugués.

 Ventos: Oliver, Martiño e Payno da AMgnifique Band dos Homes sen Medo

Batería: Fran Amil Ultraqans

Baixo: Antón Ultraqans

Guitarra: Brais Sacha na Horta

Acordeón: Roi Maceda Quempallou

Voces:

Xurxo Souto- Diplomáticos, Tres Trebóns.

Ico- Lamatumbá, O Sonoro Maxín

Adrián Beiroa- Guezos

Bocixa-Zënzar

Leo e Arremecaghona

García-DKTK

Sés

Lydia Botana

ACCEDE Á ZONA DE DESCARGAS DA BANDA FURA FURA

{phocadownload view=category|id=44|text=DESCARGAS BANDA FURA FURA|target=s}

]]>
Lavesedo Sun, 05 Jul 2015 22:40:19 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/banda-fura-fura.html
Maskarpone https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/maskarpone.html

Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batera, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo. 

Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.

No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.

No 2014 sacan o seu primeiro disco, Maskarpone, que podes descargar de balde na nosa web.


ACCEDE Á ZONA DE DESCARGA DE MASKARPONE

{phocadownload view=category|id=43|text=ZONA DE DESCARGA DE MASKARPONE|target=s}

]]>
Lavesedo Tue, 03 Feb 2015 23:29:18 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/maskarpone.html
Colectivo Bomba https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/colectivo-bomba.html

Colectivo Bomba nace a mediados do ano 2013 en Monforte de Lemos, coa clara intención de facer festa alá donde esté presente.

O seu estilo é a mestizaxe e os directos destacan por ser enérxicos. Despois da súa presentación en sociedade ao pobo galego e máis de 20 concertos en menos de medio ano dispóñense a gravar o seu primeiro disco de estudio, para o que teñen pensado montar unha campaña de micromecenado.

Neste medio ano sacaron dous singles: "Get Up" e "Gánate a ti mismo", pero tamén houbo tema para grabar un tema adicado a Rosalía de Castro e coas líricas no idioma do noso país chamaro "Nasín cando as prantas nasen".


Accede ás Descargas de Colectivo Bomba

{phocadownload view=file|id=62|text=Descarga 2 temas |target=s}

Escoita Colectivo Bomba

{music}images/stories/descargas/ColectivoBomba{/music}

]]>
Lavesedo Sun, 12 Jan 2014 23:51:49 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/colectivo-bomba.html
Lydia Botana https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/bolboreta.html Lydia Botana, “Bolboreta”, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.

Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011. Ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.
Presenta un directo con posibilidade de varios formatos, dende o acústico en solitario ata a incorporación dunha banda que recentemente a acompaña tocando os seus temas que fusionan xéneros musicais coma o latin, o rock, o pop, o ska... e versións que abranguen dende o tradicional “Eu chorar chorei” ata o reggae de Bob Marley.
A banda confórmana Paco Cerdeira (Zënzar, Mamá Cabra) á guitarra eléctrica, Torroncho (Ruxe Ruxe, Anfibia, musical Galicia Caníbal) ó baixo e o pequeno Anxo Silveira (Talesien,Tolemia) á batería.
Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví; xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Ourense), Brincadeira 2011 (Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011e 2012 (Che Sudaka/Dios ke te crew- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña), Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), etc.
En febreiro 2012 grava, integramente, "No me importa nada" e "Walk away" ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuó na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén "Quen nos queima", misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka).

En 2012, ao abandonar a banda coa que xirou polo estado dende 2008 como teclistas/percusionista de ska/reggae/punk coa que gravou o disco Sin fronteras (Skarallaos), comeza a formar parte de novos proxectos como Labreg*s do tempo dos Sputniks na batería e o acordeón xunto co Leo Arremecaghona e García Mc. Forma parte da Banda Fura Fura xunto con Ico (Lamatumbá, O Sonoro Maxín), Bocixa (Zënzar), Antón (Papaqueixos, Tres trebóns), Amil (Ultraqäns), Brais (Sacha na horta), Roi (Quempallou), A Magnifique Band dos Homes sen Medo,…
Colabora asiduamente coa banda de rock Zënzar como acordeonista e á voz. Tamén coa banda de punk Konflikto aos teclados e ó acordeón.
Ten colaborado nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Dakidarria, Dios ke te crew, Baokas 46, Chimango, Desorden Público, … Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo...
No 2013 saiu elixida polo alumnado dos institutos de secundaria de Galicia coma gañadora do Cantalingua e participou nos concertos organizados polo Correlingua. Participou no tributo á Rosalía no Teatro Rosalia de Castro cantando coma solista acompañada pola Banda Municipal de A Coruña. Neste ano estrea tamén o seu proxecto chamado “De aquí para alá”, un concerto didáctico para público infantil con músicas do mundo.
Na actualidade encóntrase gravando o seu primeiro cd en solitario e pódese atopar en diferentes recopilatorios coma o 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), e en solitario ten publicado coma Bollboreta o tema “Quen nos queima” no recopilatorio “Lo peor de la rumba” xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka...


]]>
Lavesedo Sat, 22 Jun 2013 00:15:29 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/bolboreta.html
Sergio Tannus Trio https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/sergio-tannus-trio.html

A carón do músico brasileiro Sérgio Tannus, -e artellando a base sólida da formación-, están os tamén "brasilegos" Serginho Sales (piano, teclados e acordeón) e Paulo Silva (percusión e voz) para conformar o Sérgio Tannus Trio. Unha formación que fai música popular brasileira desde Compostela. E ultrapasando a anécdota xeográfica, fana intercomunicándoa coa música galega.

O trío ten publicado un único traballo, Son Brasilego, argallado a través da plataforma de crowfounding Verkami. Ademais, é habitual da noite compostelá, tocando de xeito regular na Borriquita de Belem.

]]>
Lavesedo Sun, 30 Dec 2012 16:33:30 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/sergio-tannus-trio.html
Medra https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/medra.html

Medra nace en Vigo (Galiza) coma un proxecto de música reggae, ska e demais ritmos xamaiquinos pero sempre cun punto de vista diferente. O proxecto Medra esta conformado por Jose que se encarga da gravación de todos os instrumentos, voces, programación, son e produción así como do deseño gráfico.
Jose no ano 2005, tras varios anos tocando en diversos grupos decide aventurarse individualmente no proxecto Medra.
A idea xorde do gusto polo reggae acústico, especialmente da música feita polos franceses Tryo. Desta forma Medra nace inicialmente como un proxecto de reggae acústico, entre os anos 2005 e 2006 grávase de forma caseira unha demo chamada "Sopas de burro canso" que non chegou a ser editada.
No 2007 prepárase un singre inicialmente en acústico chamado "Sinxelo" que finalmente será modificado para instrumentación eléctrica e tradicional en reggae roots ao contar coa colaboración na batería e na percusión de Brais Calles (Orfos, Descent...).
Este single editarase e distribuirase de modo auto producido por Medra no ano 2009 a través de diversas páxinas de Internet.
Tralas boas críticas e a boa acollida, Medra decide facer unha recompilación de longa duración. Iníciase así a preparación do álbum "Polas lameiras" durante o 2009 e o 2010. Desta vez Jose encárgase de toda a instrumentación e programación así como do son e a produción.
Gravado nos estudos Oubeo Estudos Musicais sae editado pola produtora e selo discográfico/netlabel Noiseu Produccións.

Polas lameiras (2010)

{music}images/stories/descargas/Medra/Medra-Polaslameiras{/music}

]]>
Lavesedo Thu, 20 Dec 2012 01:39:22 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/medra.html
A Companhia do Ruído https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/a-compania-do-ruido.html

A Companhia do Ruído é unha banda de world music fortemente identificada con Galiza. A súa proposta musical dá vida a unha orixinal cocteleira de estilos nos que a irreverencia e a retranca son as capitás dunha viaxe que parte da música popular galega para arribar en ritmos de latitudes internacionais como os caribeños ou os balcánicos.

Esta aventura ten como resultado un directo enérxico e festivo que invita a un trago de ritmo e humor en boa compaña. Con máis dunha década sobre os escenarios, A Companhia o Ruído ten publicados sete discos e está inmersa na elaboración do seu oitavo trabalho discográfico “Disfruten as Molestias”, que será lanzado ao longo do 2019. Festa, taberna e rúa, tres bandeiras para unha música que non ten fronteiras nin prexuízos.

Discografía

Ano 2003 presentan o seu 1º EP “Só Existe Ruido”

Ano 2004 presentan o segundo traballo discográfico “Barruntando”, gravado en directo no Auditorio Municipal de Riveira

Ano 2005: 3º traballo “A compañía do Ruido”, gravado no Estudio Bonhan da Coruña

Ano 2006: 4º traballo gravado en directo na Festa da Chuvia, “Chuvia 06”

Ano 2010: 5º cd "Había de chover merda", gravado na Coruña no Estudio Amil por Tomás Axeitos e Fran Amil

Ano 2013: "Pensares galegos"

Ano 2018: " O punchi must go on"

Ano 2019: "Disfruten as molestias"

Ademais participan en diferentes discos como 120 capadores en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto”, “A per loca”, “Leña verde” en Boiro, No cd “Vozes Novas” da escolma do panorama musical galego editado no 2009, no cd “Escolma” editado pola empresa Caramuxo, ou no cd editado polo concurso Nordés da Coruña.


A Companhia do Ruído no 2019. Foto: Facebook da Companhia

Ao vivo no Rebumbio 2012 -audio ambiente-

{youtube}v26UyZaRlLg{/youtube}

Videoclip Sempre en Galiza, sempre en pelotas (2018)

{youtube}llWVTIs-9u8{/youtube}


Descarga 2 temas de Había de chover merda (2011)

{phocadownload view=file|id=28|target=s}

Escoita a Compañía do Ruído

{music}images/stories/descargas/Companiadoruido/CompaniadoRuido-Habiadechovermerda{/music}

]]>
Lavesedo Sat, 15 Dec 2012 01:15:01 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/a-compania-do-ruido.html
A Minha Embala https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/a-minha-embala.html

A Minha Embala ganhou o Musicando Carvalho Calero no 2010 com umha versom musical do poema 'Maria Silêncio', por sinal também um dos textos mais populares entre os grupos que concorrêrom, pois contou com até três adaptações diferentes.

A Minha Embala é um projeto da angolana Aline Frazão (voz, guitarra) e do espanhol César Herranz (flauta transversal, percussom), ao encontro das expressões musicais dos diferentes países de língua portuguesa. Movemo-nos no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal e a Galiza, cantando em português, crioulo, quimbundu e umbundu.

O nome da Minha Embala surgiu muitos meses depois do nascimento do grupo. Embala é umha palavra do português de Angola que vem do quimbundu bwala. Umha bwala é umha comunidade, umha aldeia, um bairro. A ideia deste nome vem de um poema de Alexandre Dáskalos, musicado pola Aline, que é de SãoTomé.

A Minha Embala publicou un só disco, homónimo.



{phocadownload view=file|id=1|text=Descarga o disco completo|target=s}


A Minha Embala (2011)

{music}images/stories/descargas/A_minha_embala/A_minha_embala{/music}

]]>
Lavesedo Thu, 13 Dec 2012 22:49:12 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/a-minha-embala.html
Toñyto All Time https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/tonyto-all-time.html

Toñyto All Time é o nome artístico de Antonio García, galego que leva a súa música polo planeta dende os 13 anos, onde formou parte de The Turres Band, Kogito,Skatubarius, La Banda de Andrelo entre outros, sempre como trombonista.

 

De todas esas experiencias e despois de que caíse nas súas mans unha guitarra española comezou a compoñer as súas primeiras cancións e foi onde formou a súa primeira banda propia: KAPITÁN PLANETA onde arroupado por outros músicos practicaron durante un ano o seu REGGAE,RUMBA,SKA e todo tipo de música rebelde por toda Galiza.

 Despois de xirar con KP xurdiu o seu proxecto persoal:TOÑYTO ALL TIME, co que leva xirando polo estado español dende hai o ano 2011, con motivo da gravación do seu primeiro traballo: CON TODAS TUS FUERZAS, onde se xuntan o reggae, ska e rumba con toques electrónicos en galego,español, francés e inglés.

 Actualmente fai directos en varios formatos: acústico solista e mesmo con banda, compaxinando a maquetación do seu próximo traballo neste tempo.

]]>
Lavesedo Thu, 23 Aug 2012 00:33:22 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/tonyto-all-time.html
Os Mordecáns https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/os-mordecans.html

Foi no verán do 2007 cando Os Mordecáns se dan a coñecer co tema "O son do Son". Xurdidos doutras formacións musicais, os seus cinco compoñentes teñen claro que a forma de gozar dunha noite de concerto é bailando e facendo bailar e isto é o que tentar facer cada vez que soben a un escenario. A súa música podería ser clasificada como rumba catalana cantada en galego, con fortes influencias doutros estilos como o reggae, o funk ou o ska. Na actualidade, os membros do grupo andan embarcados, -algúns literalmente-, noutros proxectos e están á espera de sacar o seu primeiro disco.

]]>
Lavesedo Tue, 03 Apr 2012 15:24:50 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/os-mordecans.html
Kogito https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/kogito.html

Kogito é unha banda de ska da comarca de Vigo de longa e intermitente traxectoria. Con numerosos cambios na súa formación ao longo deste tempo o que si é constante nas sucesivas etapas da banda é un compromiso co ska...e a festa.

KOGITO... penso... en... pasalo ben, montar festa e bailar...

Esa é a súa proposta. Un consolidado grupo de músicos que saen á carreira con gañas de amosar un variado e divertido directo cheo de ska, punk-rock, reggae e mestizaxe. 

Despois duns cantos anos dunha intermitente traxectoria a banda logrou facer un directo no que se misturan a madurez dos temas cunhas tremendas gañas de festa e de verbena.

A súa nova etapa comeza no ano 2005 coa gravación do primeiro traballo composto por 5 temas. No ano 2006 fixeron a presentación do mesmo facendo un percorrido polas distintas salas e festivais da Galiza. A finais do mesmo ano voltaron ao estudio para gravar outro traballo composto por catro temas, coa idea de melloralo e amplialo. Esa mellora chega entre finais do 2008 e comezos do 2009 coa gravación dun disco de trece temas chamado “AUTÓMATAS”, gravado e masterizado nos Estudos Areamaster de Vigo.

Despois dun novo parón, volven no 2012, cun concerto no café Rañolas de Gondomar onde presentan o tema A volta dos nove, homenaxe a un grupo de asasinados polo fascismo no Val 
Miñor.
Todos estes anos pasaron por festivais e salas da Galiza tan importantes como o Cultura Quente (Caldas de Reis), o Foundation Reggae Festival (O Burgo), o Freixo Rock (Vigo), o Festival Taíña (Goián), o Festival A Noite do Trasno (Bueu), o Festival Rebumbio (Mos), e salas tan importantes a nivel galego como son A Iguana Clube (Vigo), A Fábrica de Chocolate (Vigo), Club Clavicémbalo (Lugo), Sala Aturuxo (Bueu), Mardigrass (A Coruña), ou a Sala Capitol (Compostela) no III Festival Multiartístico Musiquina 33mg. Compartiron escenario con bandas como The Pepping Toms, Ruxe Ruxe, Dakidarría, Skarnio, Skacha, The Toasters, La Kinky Beat, Zulú 9.30, Macaco, Betagarri, Don Carlos, Daara J, Skarface, KOP, Gatillazo, Trabalhadores do Comércio, Peste e Sida, Dixebrá, Talco, etc. Fixeron tamén algunha incursión no estado español, Portugal e Euskal Herria.
Ademáis participaron en varios concursos tales como:

Millarock’06: gañador
Foundation Reggae Festival’07: gañador
A Polo Ghit 2007: finalista
Festa do PCE 2007: gañador


]]>
Lavesedo Fri, 23 Mar 2012 01:56:14 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/kogito.html
Nen@s da Revolta https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/nens-da-revolta.html

Nen@s da Revolta (apesar da arroba frecuentemente pronunciado Nenas da Revolta, en feminino), foron un grupo galego formado a comezos da década dos noventa na cidade de Vigo no contorno do Centro Social Ocupado Ruela. Nos seus comezos, con só tres membros, o grupo segue un estilo máis vencellado ao hardcore, porén tras un parón de tres anos e coa incorporación de novos membros, experimentan unha evolución moi rápida cara á música de mestizaxe, abríndose a múltiples influencias que van dos sons latinos e caribeños á música popular galega ou o hip hop.

 O lanzamento do seu primeiro álbum en 1998 Raggaliza dissidente + A Revolta d@s Nen@s recolle, como evidencia o dobre título, as dúas facetas do que até entón fora o grupo. Xunto a nove temas marcados polas influencias caribeñas, aparecen outros seis da primeira etapa da banda. O traballo é editado polo selo Sons de Luita. Seguirao As vozes roubadas, de 2000, co selo Boa Music, cunha produción e un acabado moito máis profesional, no que o grupo afirma xa a súa vocación de facer música mestiza. Ese mesmo ano un dos temas dese álbum ("Rebeliom na granja") será escollido para o recompilatorio Radical Mestizo Dos Punto Mil, do selo Revelde Discos, onde comparten protagonismo con figuras internacionais como Fermin Muguruza, Hechos contra el decoro, Manu Chao, Orichas ou Os Diplomáticos de Monte-Alto.

 As letras dos dous álbums evidencian os múltiples compromisos políticos do grupo, tocando temas como a situación da Galiza baixo os gobernos de Manuel Fraga, a situación das persoas presas, a liberdade sexual, a liberación animal, ou a loita feminista, explicitada na arroba que figura no nome do grupo. Ao mesmo tempo, como unha opción ideolóxica máis, o grupo presentou todos os seus títulos e letras en galego reintegrado.

 O proxecto das Nen@s da Revolta acaba no ano 2001, aínda que o grupo volverá reunirse sobre un escenario en Vigo o 14 de marzo do 2008, na celebración do vinte aniversario de Radio Piratona, xunto a Tiro na Testa e a La Vaga Banda.

 O legado do grupo na música galega pode rastrearse en proxectos como A Matraca Perversa ou Galegoz, nos que participou algún dos seus membros.



]]>
Lavesedo Fri, 23 Mar 2012 01:47:57 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/nens-da-revolta.html
Taru https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/taru.html

Taru é un músico de Mugardos, vinculado ao reggae galego desde hai anos. Ten formado diversas bandas coas que fai desde versións de clásicos do reggae até composicións propias, en castelán e en galego. Na nosa lingua, nomeadamente coa banda Os paxaros de coiro, aínda que tamén no caso de temas de Bob Marley pasados ao galego coa Taru Jammin CLub Reggae Band.

]]>
Lavesedo Fri, 23 Mar 2012 01:44:32 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/taru.html
Banda Potemkin https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/banda-potemkin.html

Banda Potemkin foi unha banda de mestizaxe formada na Coruña a finais dos anos 90 por antigos membros de formacións coma os Papaqueixos, Miki Nervio & The Bluesmakers ou Meninhos da Rúa.

Tiveron certo suceso nos festivais galegos da primeira década do século XXI, cunha proposta festeira que non deixaba de sinalar os problemas da sociedade actual. O seu tema máis coñecido, Calindra Xida, apareceu no compilatorio A Per Loca!! (Komunikando, 2006).

A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folk, co común denominador de facer música bailable, alegre e divertida, que chegue a todo o mundo sen importar razas, culturas, nin etiquetas, e sen que isto sexa incompatible coa calidade musical. As súas letras mostran frescura e humor característico no tratamento das realidades sociais e persoais que estamos a vivir hoxe en dia.

Resumindo, a Banda Potemkin na súa odisea vai espallando festa, humor, e ganas de pasalo ben, cun directo cheo de forza e calidade no que se mesturan elementos de todo tipo, nun cóctel único froito da colaboración de todos e cada un dos músicos que forman a banda.

{youtube}7lS69VYu01I{/youtube}

A formación máis habitual da Banda Potemkin era:

Manolo: Frauta e voz; Miguel: Gaita, percusións e voz; Louren: Bombardino; Rubén: Guitarra; Anxo: Baixo e Santi: Batería.

(Actualizado en setembro de 2019)


]]>
Lavesedo Fri, 23 Mar 2012 01:42:57 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/banda-potemkin.html
Transilvanians https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/transilvanians.html

Transilvanians fórmanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escena viguesa de estilos moi dispares.
O que os leva a unirse e a paixón que senten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.
Todo isto unido a súa afección polo xénero de terror, a serie B e a ciencia ficción conforman unha proposta cando menos orixinal.

Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de The Skatalites,  The Temptations, The Melodians, Georgie Fame ou os británicos The Clash. Xa desde a súa estrea discográfica, os seus traballos son unha boa mostra dos gustos e mais da calidade dos Transilvanians. Grande importancia da parte instrumental, cunha sección de ventos senlleira sobre unha base ben estruturada, á que se engadía na primeira época, e non en todos os temas, a voz de Almudena Janeiro, no últimos anos Javier Marcos, para apresentar un resultado final que arrecende á Xamaica dos anos cincuenta e sesenta.

Despois de varios trocos de formación, catro traballos discográficos e numerosos concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña..) co seu propio repertorio ou apoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr. Symarip, lenda do Reggae ao que acompañan de maneira habitual en directo e co que gravaron o pasado 2012 o seu novo single “You Can’t Leave Now”, no 2013 presentan  Kings Of Catacomb Reggay novo EP composto por 4 cancións para despois preparar o seu primeiro tour europeo no verán de 2014.

Transilvanians son


Charly "Doctor C" Varela - guitarra

.Javier Marcos – Voz e percusión. 

Nestor Meizoso – Baixo.

Xabi Vieitez – Piano & Hammond.

Kino ‘Little Cobra’ – Batería & voz.

Pedro Farinhas – Saxo & percusión.

Antonio Rodríguez – Trombón & voz.

Tamén pasaron polo grupo: J. Vicente – Guitarra. Almudena Janeiro - Voz.

Discografía

- 2006 TRANSILVANIANS - CD/EP vinilo 7” (Ejecutor Records & ZombieJ)

- 2010 VAMPIRE LOVER - CD (ZombieJ Records).

- 2010 THE VAULT OF.. - SG vinilo 7” (Liquidator Music)

- 2012 ROY ELLIS meets TRANSILVANIANS - SG vinilo 7" (Liquidator Music)

- 2013 KINGS OF CATACOMB REGGAY - EP vinilo 7” (Liquidator Music)

- 2014 Echo, Vibes & Fire LP/CD (Liquidator Music, 2014)

Recopilatorios
- 2008 SERÁ SI HAY, UN TRIBUTO A POTATO – Transilvanians inclue ‘Kiki’ (SoundRebel)
- 2011 CANTA HISTORIA NA BARRIADA, XX ANOS DE SKACHA – Transilvanians inclúe ‘The Ghost of Bouzas’ (La Contra Records)
- 2012 A TRIBO TODA BAILA – TRIBUTO A OS RESENTIDOS Transilvanians inclúe ‘En Kampuchea’ (Wea Spain)

]]>
Lavesedo Tue, 20 Mar 2012 03:01:41 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/transilvanians.html
Skarnio https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/skarnio.html

Skárnio foi un grupo de música galego formado no barrio do Calvario na cidade de Vigo. Defínense coma un colectivo político-musical, sendo a súa música ska con letras comprometidas e con carga política, sobre temas como o independentismo galego, a lingua ou a loita dos traballadores.

A formación  deuse a coñecer coa súa colaboración no disco Oito anos de sequestros, (Gralha, 1997) e que dous anos despois apresentaría A filosofia de acçom da guerrilla urbana, primeiro traballo que abalaba entre o ska e o raggamuffin e que conta con colaboracións de grupos vigueses como Skacha, Disturbio 77 ou Nen@s da Revolta. Despois de tres anos percorrendo o país a tocar por diversos locais e festivais, con saídas puntuais a outras partes da península, deron o salto definitivo cara á consolidación cando chegaron a un acordo co selo catalán Propaganda pel fet, co que editan Arredista, traballo onde definitivamente encamiñan o seu son cara ao ska, e nomeadamente cara a todo o novo que se estaba a facer nos anos noventa en Europa e América neste movemento musical, con ritmos máis acelerados ca no ska clásico, fusión co punk e incluso co hardcore, aínda que os Skarnio non seguiron, nin seguen, exclusivamente esta liña e dan cabida nos seus traballos a temas que proveñen sen discusión da sonoridade máis xamaicana e clásica. Este segundo traballo permitiulles tocar nun grande número de lugares, chegando a ser o primeiro grupo galego convidado a tocar no festival Antiraciste & Antifasciste! en Xenebra e indo tamén ao Festival Avante de Lisboa.

A presentación d`O nosso caminho, producido por Pedro Feijoo (Muu! Estudios) e gravado nos
estudios Área Master de Vigo e Océano Estudios de Nigrán por Xavier Abreu, chegou no décimo aniversario de Skarnio e dous anos despois, en marzo de 2010, o grupo anunciou o seu "cesamento da actividade pública por tempo indefinido" nun vídeo-comunicado.

]]>
Lavesedo Tue, 20 Mar 2012 02:57:26 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/skarnio.html
Meninos Carentes https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/meninos-carentes.html

Formada en 2008, na cidade de vigo, e unha banda que interpreta temas alternativos, en galego e portugués. Funky, Reggae Roots, Dub, Nyahbinghi,... son algúns dos estilos musicais que caracterizan os directos desta banda, que consegue co seu groove e súa psicodelia nos seus directos non deixar a ninguén indiferente.

Os seus musicos son Xoán Lois Vila, voz; Javier Marcos, guitarra rítmica, Voz; Javier Vicente, baixo; Zeca Lois, guitarra solista; Jorge Méndez, Percusión; Cristian Gracia, Batería.

Levan mais de catro anos nos escenarios presentando as súas músicas reivindicativas, que nos falan dos problemas sociais, da corrupción, a pobreza e as inxustizas das favelas de Río de Janeiro pero que se poderían trasladar a calquera punto da xeografía. Temas que fan bailar pero tamén reflexionar. Un directo cheo de forza e enerxía.

]]>
Lavesedo Sun, 18 Mar 2012 04:08:42 +0100 https://www.gzmusica.com/cartafol/ska-reggae/meninos-carentes.html