Que vén sendo o Cartafol?

  • Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
  • E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
  • Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
  • Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
  • E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)


Home Cartafol Tradicional

Buscar no Cartafol:

Tradicional


Categories
Entradas RSS

A Gaita de Sarandón

A Gaita de Sarandón

A Gaita de Sarandón é un grupo de requinteiros xurdido en San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña), tralo estudio sobre a frauta traveseira chamada requinta da Ulla iniciado pola Asociación ...
Ler Máis...

A Roda

★★★★★

A Roda

Grupo de folk tabernario, que naceu na cidade de Vigo nos primeiros anos da democracia, creado no seo dun grupo de amigos, seareiros de tabernas e furanchos da cidade, que se xuntaban para i ...
Ler Máis...

Aires d'a Terra

Aires d'a Terra

Coro pontevedrés que naceu a finais do século XIX, a súa andaina vai de 1883 a 1914, foi dirixido polo gaiteiro Perfecto Feijóo e ten a honra de protagonizar a gravación máis antiga existent ...
Ler Máis...

Anamoura

Anamoura

Trío folk formado por Mª Xosé López, Francisco Martínez Barreiro e Emilio Pichel no ano 1994. Editou no 2000 o disco A chave do cerne, (Edicións do Cumio, 2000), onde salienta a importancia que ten a voz, presente en practicamente todas as composicións ...
Ler Máis...

Anubía

Anubía

Grupo de cantareiras creado en 1998, aínda que as súas seis compoñentes: Eva Blanco, Maite Castro, Ana Blanco, Teresa Triáns, Patricia Blanco e Isabel Vilaseco, comezaron a cantar xuntas de ...
Ler Máis...

Ardentía

Ardentía

Grupo de música tradicional galega nacido en 1990 na cidade de Vigo. Ardentía destaca pola ...
Ler Máis...

Barallete

Barallete formouse na Coruña como grupo de música tradicional en xullo do 1998. Os seus compoñentes eran membros de diferentes asociacións adicadas á conservación e espallamento da cultura t ...
Ler Máis...

Caldaloba

Caldaloba

Grupo tradicional chairego formado en 1997 e que gravou a súa estrea discográfica dous anos despois, Cores de Música, (Sons Galiza, 1999), por mor de ter gañado o certame Sons Folk 98 ...
Ler Máis...

Campana de Pau

Campana de Pau

Campana de Pau é un grupo de Noia, con dous discos publicados. Bailaches, Bailaches, do 1981, e O Tiroliro, no 1984. A súa formación era Gonzalo Ageitos, Maxi Alvarez, Felix Louro, Luis Iglesias, Manolo Iglesias, Xosé Ramos e Pedro Alon ...
Ler Máis...

Cantadeiras do Berbés

Cantadeiras do Berbés

Grupo de cantareiras vigués vencellado á Asociación Veciñal Casco Vello desta cidade, naceron nun curso organizado por esta asociación que impartiu Uxía Senlle, e que sacou dous discos ao me ...
Ler Máis...

Carapaus

Carapaus

Carapaus

Carapaus é un grupo de música tradicional  formado en Santiago de Compostela no verán do 2010.

...
Ler Máis...

Donicelas

Donicelas

Grupo de pandereteiras de Salceda de Caselas que presentou o seu primeiro traballo en xuño de 2005, Que nunca foi abalada, disco que conta coa colaboración do grupo Treixadura, da gai ...
Ler Máis...

Durindaina

Durindaina

Grupo tradicional compostelán que gravou un único disco, Durindaina, (Discmedi, 1995), onde desenvolvían unha proposta musical de indiscutíbel cerna na tradición galega, á que achegar ...
Ler Máis...

Emilio Corral Vázquez

Emilio Corral Vázquez

Gaiteiro nado no Camiño Novo da Coruña, actual Juan Flórez, en 1910. Formou parte de Cántigas da Terra e ademais de gaiteiro, foi profesor de clarinete e saxofón da primeira banda de música ...
Ler Máis...

Fernando Álvarez Pardo

Gaiteiro coruñés nado en 1932. Formou parte do coro Cántigas d'a Terra, coma outros moitos importantes gaiteiros da bisbarra coruñesa, e chegou a formar parte do primeiro cuarteto de gaitas da Coruña, Os Tempranos de Eirís, facendo dúo nesta formación con ...
Ler Máis...

Francisco Paradela

F. Paradela nace na Crunha em 1909, morreu a comezos do século XXI. É um dos grandes do século XX. Pertenceu durante mais de 30 anos, junto a Emílio Corral, a Cántigas da Terra, o coro galeguista fundado paralelamente às irmandades da Fala, em 1916. Os pr ...
Ler Máis...

Gaiteiros de Soutelo

Gaiteiros de Soutelo

Saga familiar de gaiteiros que ten o seu expoñente senlleiro en Avelino Cachafeiro, 26/05/1899-13/04/1972, gaiteiro de moitísima sona nos anos vinte do pasado século e que xunto aos seus irmáns Castor, tamén gaiteiro e Baut ...
Ler Máis...

Henrique Otero

Henrique Otero

Gaiteiro nado o 20 de xuño de 1930 en Santa Cristina de Lavadores, Vigo, ao que lle corresponde a honra de ser o primeiro mestre de gaita no Conservatorio Municipal da cidade olívica, comezo ...
Ler Máis...

José Cardelle Portos

José Cardelle Portos

Gaiteiro nado no ano 1924 nunha aldea do concello de Boimorto, para se trasladar logo a vivir a Arzúa. Colaborou co ballet Rey de Viana, o que lle permite percorrer Europa e America acarón d ...
Ler Máis...

José Casal

José Casal

Gaiteiro nado nunha aldea do concello de Curtis en 1942. Parta alén do seu labor coma gaitiero, Casal desenvolveu moitas máis actividades: pintor, escultor, artesán de gaitas, compositor, di ...
Ler Máis...

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto