A Gaita de Sarandón

  • 44.jpg

A Gaita de Sarandón é un grupo de requinteiros xurdido en San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña), tralo estudio sobre a frauta traveseira chamada requinta da Ulla iniciado pola Asociación Xuvenil Os Raiceiros de San Miguel de Sarandón en Vedra, na comarca da Ulla.

O grupo de requinteiros A gaita de Sarandón trata de manter vivo o legado que os seus dous principais compoñentes, Marcelino e Pepe, reteñen por sorte aínda nas súas mentes. José Alvela Canicoba e Marcelino Brey Vázquez son hoxe en día os dous últimos vellos requinteiros que se manteñen en activo como membros dunha formación musical estable, e ao redor destes dous vellos mestres se reunen outros seis máis ou menos novos músicos cunha serie de claros obxectivos en común: Recuperar o repertorio do grupo A gaita de Vedra, polo que ambos pasaron, así como o que interpretaban cos seus veciños e amigos da aldea de Sarandón, é parte fundamental da finalidade da agrupación.