A Roda

  • 45.jpg

Grupo de folk tabernario, que naceu na cidade de Vigo nos primeiros anos da democracia, creado no seo dun grupo de amigos, seareiros de tabernas e furanchos da cidade, que se xuntaban para ir de viños e botar unhas cantigas. O éxito acadado pola formación nos seus case trinta anos de vida, con trece discos gravados e un éxito de vendas sorprendente nun grupo sen promoción ningunha e alleo a elites culturais ou sesudas críticas musicais, amosa como os gustos musicais escapan ás veces aos seus analistas. A Roda é unha formación baseada na voz dos seus compoñentes, que foron mudando ao longo da súa traxectoria, á que paseniño se van engadindo instrumentos e sobre todo coidado e complexidade na instrumentación, que se ten convertido co tempo na icona da esmorga, especialmente nas bisbarras do suroeste galego, onde cancións coma a Foliada do Celta, O andar miudiño ou O Gato son elementos imprescindíbeis de calquera celebración.

Video
http://www.youtube.com/watch?v=t0WVQEQVA7o&feature=related