Aires d'a Terra

  • 46.jpg

Coro pontevedrés que naceu a finais do século XIX, a súa andaina vai de 1883 a 1914, foi dirixido polo gaiteiro Perfecto Feijóo e ten a honra de protagonizar a gravación máis antiga existente da música tradicional galega, pois en 1904, a Compagnie Française du Gramophone gravou 18 temas nun disco para gramófono. Hoxendía, co gallo do centenario da devandita gravación, o selo Ouvirmos reeditou en formato CD a devandita gravación.

Video
http://www.youtube.com/watch?v=Vz6wlNF_9sM