Anamoura

  • 47.jpg

Trío folk formado por Mª Xosé López, Francisco Martínez Barreiro e Emilio Pichel no ano 1994. Editou no 2000 o disco A chave do cerne, (Edicións do Cumio, 2000), onde salienta a importancia que ten a voz, presente en practicamente todas as composicións, tradicionais ou do propio grupo, e o protagonismo dunha zanfona tocada con mestría por Mª Xosé. Abriron un novo vieiro na música galega, coa guitarra e mais a zanfona colocadas na posición senlleira que adoitan reservar para a gaita os máis dos grupos galegos.