Imprimir |  Close this window

Anubía

Video
Anubía

Grupo de cantareiras creado en 1998, aínda que as súas seis compoñentes: Eva Blanco, Maite Castro, Ana Blanco, Teresa Triáns, Patricia Blanco e Isabel Vilaseco, comezaron a cantar xuntas de moi novas, na agrupación Cantigas e Agarimos. De aquí pasaron a colaborar con Berrogüetto antes de encetar o seu propio camiño. A boa sintonía co grupo folc, co que colaboraron na gravación de Navicularia, queda reflectida na estrea discográfica das cantareiras, Segredo a voces, (Do Fol, 2001), onde colaboran practicamente a totalidade dos membros do grupo, arroupando cos seus instrumentos as voces das cantereiras.


Imprimir |  Close this window