Barallete

Comarca
En activo
non

Barallete formouse na Coruña como grupo de música tradicional en xullo do 1998. Os seus compoñentes eran membros de diferentes asociacións adicadas á conservación e espallamento da cultura tradicional, que se decidiron xuntar no proxecto do novo grupo. A partir de entón, e coa incorporación de novos instrumentos máis evolucionados no ambito tradicional, Barallete consolidouse coma formación adicada á interpretación e investigación da, como eles mesmos din, “música de tasca”. O grupo ten actuado en diversos lugares da xeografía galega e portuguesa, acadando o seu máximo recoñecemento na zona minhota. Entre os premios outorgados a Barallete salienta o premio Nordés Coruña II Edición, no Nadal de 1999, que permitiu a difusión da súa música en formato CD, nun traballo compartido con Roquementroque, Ménades e Norfolk. A formación de Barallete era: Xulio Coira, gaitas e ás veces tamboril; Alberte de Maceda: Gaitas e bombo, Antón Guerrero, tamboril e gaitas, Lito Pena, bombo e percusións, Brais Maceiras, acordeón diatónico e gaitas, Fernando Román, gaitas, Xan Xove, gaitas, clarinete e saxo, Moncho do Orzán, gaitas.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto