Durindaina

  • 56.jpg

Grupo tradicional compostelán que gravou un único disco, Durindaina, (Discmedi, 1995), onde desenvolvían unha proposta musical de indiscutíbel cerna na tradición galega, á que achegaron outros instrumentos, requinta, acordeón,..., que lles permitían aumentar as súas posibilidades interpretativas. A súa formación era Luis Mouriño, gaita, clarinete e percusión; Xoan Porto, gaita, acordeón, percusión e voz; Rafael Moure, tamboril, cunchas e voz; Antonio Pérez, bombo, pandeireta e voz; Camilo Regueiro López, gaita, requinta e percusión

Formados en Santiago no ano 1984, como consecuencia das coincidencias nas inquedanzas deses cinco músicos, coincidencia plena na filosofía que debe primar, tanto no ensino, como na interpretación e difusión da música tradicional galega.  Deste xeito comezaron a andaina como grupo de gaitas, que toma como vieiro principal de traballo a recolleita de pezas características da comarca compostelá, e tamén partituras un pouco esquencidas, que conquen incluir no repertorio grazas á colaboración do grande gaiteiro Santiagues, Xoan Bello Mallou. Desde aquel comezo finais dos 90, o grupo vai experimentando diversos cambios, tanto na súa formación, como no seu estilo, sendo o mais salientable a inclusión deses novos instrumentos (acordeón, clarinete, requinta) e a inclusión dun novo factor: a voz, obtendo como resultado unha mistura de seriedade musical e alegría interpretativa, no ronsel daqueles grupos vellos de gaiteiros que animaban, coa ledicia por bandeira, as festas e romarías do noso país, naqueles tempos nos que aínda non existían as orquestas, nin os medios técnicos modernos.