Emilio Corral Vázquez

  • 55.png

Gaiteiro nado no Camiño Novo da Coruña, actual Juan Flórez, en 1910. Formou parte de Cántigas da Terra e ademais de gaiteiro, foi profesor de clarinete e saxofón da primeira banda de música coruñesa, onde foi tamén director e mestre da Academia de Gaitas. En 1956 obtén o primeiro premio de instrumentistas típicos no Festival Internacional de Llangollen, País de Gales, título que revalidaría trinta anos máis tarde, en 1986. Ten obtido tamén primeiros premios coma solista no Festival de Gisors, Normandía. Emilio Corral ten a honra de ostentar o título de Gaiteiro Maior do Reino de Galiza. A súa mestría ficou en dous discos dos anos setenta, Airiños da gaita, de 1973 e Como canta a miña gaitiña, de 1977, ademais dalgún outro compartido, onde predominan as pezas tradicionais. En 2010 foi homenaxeado no seu 100 aniversario.