Home Cartafol Tradicional Fernando Álvarez Pardo

Fernando Álvarez Pardo

En activo
non
Gaiteiro coruñés nado en 1932. Formou parte do coro Cántigas d'a Terra, coma outros moitos importantes gaiteiros da bisbarra coruñesa, e chegou a formar parte do primeiro cuarteto de gaitas da Coruña, Os Tempranos de Eirís, facendo dúo nesta formación con outros dous históricos gaiteiros: primeiro con Farruco Paradela e despois con Pepe Temprano. Baseou a súa vida na gaita, de feito adicouse a ela profesionalmente, chegou a estudar no Conservatorio e a tocar en practicemente todas as formacións que existiron na cidade herculina, dende Brétemas e Raiolas, Follas Novas, deica os Coros e Danzas da Sección Feminina. Álvarez foi o primeiro gaiteiro, antes mesmo que Emilio Corral, do chamado ballet de La Coruña, que mais tarde derivaría no ballet Rey de Viana.
Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto