Imprimir |  Close this window

Henrique Otero

Video
En activo
non
Henrique Otero

Gaiteiro nado o 20 de xuño de 1930 en Santa Cristina de Lavadores, Vigo, ao que lle corresponde a honra de ser o primeiro mestre de gaita no Conservatorio Municipal da cidade olívica, comezou a impartir aulas en 1971, nunha praza que despois ocuparían sobranceiros alumnos seus coma Carlos Núñez. Foi Otero o primeiro gaiteiro en escribir un método para a aprendizaxe da gaita e leva composto por riba máis de douscentos temas, que interpretou ao longo dos anos coa formación á estivo ligada a súa andaina artística, o grupo Os Cruceiros, xunto aos que gravou varios discos nos anos sesenta e setenta do pasado século; moitas destas composicións seguen hoxe vivas nas interpretacións que fan delas grupos da calidade de Noitarega ou Treixadura. Xa en solitario gravou O gaiteiro do Fragoso, (Do Fol, 2001), quince cortes que son unha magnífica escolma do grande repertorio que atesoura ao longo dos seus máis de corenta anos de vida adicada á gaita. Neste CD acompáñano músicos do grupo tradicional Noitarega e Beatriz Riobó, que pon a voz no único tema cantado do disco. O disco amosa a pericia técnica e a sensibilidade musical de Henrique Otero, e os temas van desde os ritmos tradicionais da muiñeira ata o máis estraño da polca, todos eles empregados con grande acerto e axustando o ritmo á intención. Para alén disto, os temas preséntanse con candaseu texto, do propio gaiteiro, en que explica como xurdiu cada peza.

Imprimir |  Close this window