José Cardelle Portos

  • 59.jpg

Gaiteiro nado no ano 1924 nunha aldea do concello de Boimorto, para se trasladar logo a vivir a Arzúa. Colaborou co ballet Rey de Viana, o que lle permite percorrer Europa e America acarón da súa gaita. Na actualidade reside na Coruña. José Cardelle foi o mestre de recoñecidos gaiteiros da actualidade, coma Ricardo Santos Blanco e Raúl Galego, para alén de ser integrante de varias formacións coma Os 5 de Galicia ou Xiada.