José Casal

  • 60.jpg

Gaiteiro nado nunha aldea do concello de Curtis en 1942. Parta alén do seu labor coma gaitiero, Casal desenvolveu moitas máis actividades: pintor, escultor, artesán de gaitas, compositor, director de coros e orfeóns, etc, aínda que as súas facetas de compositor e gaiteiro son as que lle ten feito acadar sona. Tivo coma mestre gaiteiro a Emilio Corral e formou parte do coro Follas Novas e do Ballet Galego antes de, arredor do ano 60, artellar xunto a Miguel Paradela, gaita, Manolo Ambite, tamboril, e Antón Ambite, bombo, o mítico cuarteto Brisas da Coruña, co que recibiu numerosos recoñecementos e realizou diferentes gravacións, das que Alborada en Santa María de Oleiros foi remasterizada e pasada a formato CD en 1996.