Leilía

  • 64.jpg

Grupo de cantareiras que despois de se estrear coa gravación dun disco, Leilía, (Discmedi, 1994), encadrado totalmente na tradición, teñen pescudado e traballado arreo na incorporación desta manifestación musical galega na sonoridade actual. Froito disto os seus seguintes traballos: I é verdade i é mentira, (Virgin, 1998) e Madama, (Discmedi, 2003), onde incorporan ademais letras de temática actual. Na altura, Leilía xa non se cingue a estrutura tradicional das cantareiras e incorporan instrumentos tanto na gravación, onde foron Nando Casal e Antón Seoane os encargados da interpretación e mailo arranxos, coma ao vivo. Cómpre salientar tamén as numerosas colaboracións que Leilía teñen feito con grupos folk galegos: Berrogüetto, Milladoiro ou Budiño e estranxeiros: Kepa Junkera, La Musgaña, etc

No ano 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican o recompilatorio Son de Leilía, (Leilear, 2005). Ás portas do 2012 sae á luz Consentimento, un traballo donde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto.


Páxina web
Video
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=mfR5Y4kM8v4