Linho do cuco

  • 65.jpg

Formado por Pablo Bernárdez, Xián Herrera, Pablo Pardo, Benxamín Otero, Carlos Quintá, Pablo Doval, Marcos Pérez eMichel Touriño, Linho do Cuco é unha formación que naceu a comezos de século co obxectivo de recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Co tempo, fóronse unindo novos membros procedentes do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, hoxe transformado en aCentral Folque. O primeiro disco chegou en 2005, coa colaboración de músicos como Pedro Pascual ou Óscar Fernández. En 2010 publican o seu segundo traballo -aínda que se chame 3-, desta volta con novos arranxos.

Video
http://www.youtube.com/watch?v=SUTirDYo0J0