Imprimir |  Close this window

Lizgairo

Video
Lizgairo

A ópera prima do trío Lizgairo, Diacronías, (Falcatruada, 2008) gañou o VIII Premio Opinión de folk, patrocinado polo xornal La Opinión da cidade da Coruña. Foi unha magnífica carta de presentación dun proxecto que agacha baixo o seu nome tres músicos fundamentais no devir da música folc dos últimos trinta anos: Romaní, Pintos e Liz. Tres nomes que representan tres xeracións da nosa música: Rodrigo Romaní, fundador e ex-compoñente de Milladoiro; Anxo Pintos, fundador de Matto Congrio e Berrogüetto e Xosé Liz, fundador, entre outros, de Salterium e Beladona.

Imprimir |  Close this window