Os Dezas de Moneixas

  • 259.jpg

Histórica formación da bisbarra do Deza que comenzou a súa andaina en 1927, para rematala en 1984. Máis de 50 anos adicados á música galega, período durante o cal o grupo non editou traballo discográfico ningún, e foi co gallo do vinte aniversario da desaparición do grupo cando a editora Ouvirmos, vencellada ao Conservatorio Folque de Lalín, editou o CD-libro Os Dezas de Moneixas. As cartas sonoras, obra onde podemos escoitar os Dezas, grazas ás cartas sonoras coas que emigrantes e as súas familias se comunicaban nos anos 60 e 70.