Os Irmandiños de Vincios

  • 294.jpg

Os Irmandiños de Vincios xuntáronse no ano 2007 coa pretensión de divertirse tocando xuntos en furanchos e seráns.

 Aínda que variou o número de compoñentes, nestes momentos está formado por oito músicos que proveñen da música tradicional galega e da banda de música.

O grupo contaba nun principio con dúas gaitas e percusión engadindo posteriormente o acordeón diatónico. Nos dous últimos anos incorpóranse ademais clarinete e saxo soprano. Nos seus comenzos tocaban coñecidas pezas tradicionais e populares adaptadas aos instrumentos da formación. Na actualidade “Os Irmandiños” interpretan na súa maioría pezas propias ás que engaden varios temas do repertorio tradicional galego.

Os Irmandiños de Vincios son:

Rosa - Saxo soprano, percusión e voz
Ana - Clarinete e percusión
Paula - Pandeireta e percusión
Javi - Tambor e voz
Isma - Acordeón diatónico e voz
Gonzalo - Bombo con pratos
Moreno - Gaita e voz
Félix - Gaita, percusión e voz

Video
http://www.youtube.com/watch?v=4yuJvbHM4As&feature=relmfu