Os Rosales

Grupo tradicional que tamén se pode encadrar coma unha saga familiar, pois varias xeracións dunha mesma familia da parroquia de Asados, Rianxo, veñen conformando o grupo dende mediados do século pasado. Só teñen dous disco editados: De Foliada en San Pedro de Vilas, (Sonifolk, 1989), onde recollen pezas tradicionais. E anteriormente, Lembrando, no 1981.